Manuel Formoso Lamas
Quick Facts
Biography
Manuel Formoso Lamas, nado en Burres (Arzúa) en 1853 e finado en Almansa en xuño de 1913, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
Estudou en Mondoñedo. Conseguiu o título de profesor da Escola Normal. Exerceu como mestre en Pontedeume, Chantada (1882-1910) e Almansa, dende xaneiro de 1911. Colaborou en El Correo Gallego, La Monarquía, Crónica de Pontevedra, El Magisterio Gallego, Galicia. Revista Regional, El Regional e Follas Novas. Foi correspondente de La Idea Moderna en Chantada. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1905. Finou en Almansa en xuño de 1913.
Obras
- Sistema métrico teórico-practico decimal, 1886.
- Apuntes para la historia de Chantada, 1905.
Recoñecementos
- Cabaleiro da Orde de Sabela a Católica (1891).
- Unha rúa de Chantada leva o seu nome dende 1927.
Vida persoal
Casou con Manuela Albán Deus, que finou en Chantada o 8 de xaneiro de 1899. Casou en segundas nupcias en Chantada con María Salomé Otero Cortés en novembro de 1899. Salomé Otero finou en marzo de 1902. Manuel Formoso volveu casar con Antonia Gutiérrez Tojo, irmá de Ramón Gutiérrez Tojo.
Notas
- ↑ El Regional, 23-1-1911, p. 3.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 16-11-1905, p. 3.
- ↑ El Centinela, 18-6-1913, p. 1.
- ↑ Apuntes para la historia de Chantada
- ↑ El lucense 29-7-1891, p. 3.
- ↑ La Región, 3-3-1927, p. 8.
- ↑ La Idea Moderna, 18-1-1899, p. 2.
- ↑ La Idea Moderna, 12-11-1899, p. 3.
- ↑ El Regional, 29-3-1902, p. 1.
- ↑ El Norte de Galicia, 9-2-1911, p. 1.
Véxase tamén
Bibliografía
- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 199. ISBN 84-9812-018-7.