Manuel Costa Casares
Quick Facts
Biography
Manuel Costa Casares, nado en Agolada en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2014, foi un político galego do PPdeG que foi 26 anos alcalde de Agolada.
Traxectoria
Rexentaba unha empresa de transporte de viaxeiros e mercancías. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo cinco concelleiros, por seis de Alianza Popular, un de UG e outro do PSdeG. Os concelleiros de UG e PSdeG pactaron con UCD e permitiron gobernar a Manuel Costa. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo a maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo PPdeG, volveu revalidar a maioría absoluta, que repetiu nas seguintes eleccións. En 2005 decide abandonar a alcaldía, sendo substituído polo seu xenro Ramiro Varela Peón.
Predecesor: Luís Yebra-Pimentel Vidal | Alcalde de Agolada 1979 - 2005 | Sucesor: Ramiro Varela Peón |
Notas
- ↑ "Falece esta madrugada o ex alcalde de Agolada, Manuel Costa Casares", artigo en La Voz de Galicia, 6 de febreiro de 2014.
- ↑ Un último pitillo como alcalde. www.farodevigo.es, sen data. (en castelán)
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Agolada