Manuel Belón Gómez
Quick Facts
Biography
Manuel Belón Gómez, nado en San Román de Cervantes o 31 de agosto de 1931, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Era carteiro en Cervantes e foi designado en 1963 como alcalde de Cervantes. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cervantes e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía ao votar os representantes populares ao candidato socialista, Gonzalo Álvarez. Nas municipais de 1987 presentouse pola Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e volveu ser elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata 2007, cando decidiu non volver presentarse .
Predecesor: ? | Alcalde de Cervantes 1963 - 1983 | Sucesor: Gonzalo Álvarez Amigo |
Predecesor: Gonzalo Álvarez Amigo | Alcalde de Cervantes 1987 - 2007 | Sucesor: Benigno Gómez Tadín |