Manuel Bello Parga
Quick Facts
Biography
Manuel Bello Parga, coñecido como Manolito Bello e Luis Seijo Freire, nado en Vilasantar, entón no concello de Curtis, en 1926 e falecido en 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Residía na Coruña. Militante do Partido Comunista de España desde moi novo, participou no seu aparato de propaganda. As autoridades detivérono en 1945 pola impresión e distribución de material subversivo. En xaneiro de 1946 pouco despois de saír en liberdade provisoria, uniuse á guerrilla como responsable do destacamento Líster da IV Agrupación e pouco despois pasou á partida La Marina, coa que participou en Cambre no atentado contra Manuel Doval Lemat, un coñecido falanxista local.
Participou o 19 de maio no intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España no que morreu o xornalista de El Ideal Gallego, Arcadio Vilela Gárate. No transcurso do intercambio de disparos coa Garda Civil, Manuel Bello caeu prisioneiro. Torturado na prisión e sometido a consello de guerra, foi condenado ao garrote e executado o 11 de xullo de 1946. A súa figura converteuse para a resistencia antifranquista comunista na dun heroe, e un dos seus destacamentos guerrilleiros levou o seu nome. Incluso hoxe en día un colectivo da Xuventude Comunista leva por nome Manolito Bello.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002