Manuel Barreiro Rey
Quick Facts
Biography
Manuel Barreiro Rey, nado en Ferrol o 21 de xuño de 1913 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1939, foi un militar galego.
Traxectoria
Fillo de Antonio Barreiro López, capitán de Infantería de Mariña, e de Josefa Rey Freire. Irmán de Elvira e Antonio Barreiro Rey. En 1930, con 17 anos, ingresou voluntario como soldado no Rexemento de Infantería do Exército de Ferrol. Auxiliar de Oficinas e Arquivos da Mariña, prestaba servizos en Intendencia de Mariña na Base Naval de Ferrol. O 8 de abril de 1936 incorporouse ao cruceiro Almirante Cervera en Cartaxena. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o buque estaba en dique seco en Ferrol, resistindo a entrega do barco aos sublevados ata o día 21, cando se viron obrigados a entregarse. Detenido o mesmo día 21, foi trasladado ao buque prisión Plus Ultra o 3 de agosto e interrogado. O 21 de setembro levárono ao campo de concentración da Escollera no Arsenal, onde foi novamente interrogado. Trasladado novamente ao buque prisión Contramaestre Casado o 10 de febreiro de 1937, permaneceu alí ata o 21 de xuño de 1938, cando foi trasladado a Escollera para ser sometido a consello de guerra xunto a 62 procesados máis na causa 39/1936. Foi acusado de ocupar unha terraza preto da porta do sique, abrir esta para que entraran paisanos que querían axudar á marinería para que os buques non foran tomados polos facciosos, disparar contra a academia de maquinistas e promover a rebelión a bordo do cruceiro Almirante Cervera. Foi condenado a morte en sentenza que se fixo pública o 25 de xullo. Foi dado de baixa da armada o 24 de agosto e fusilado na Punta del Martillo do Arsenal o 14 de marzo de 1939. Fue soterrado no cementerio de Canido de Ferrol.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Manuel Barreiro Rey na páxina web Nomes e Voces.
- Memorial democrático BARREIRO