peoplepill id: luis-castedo-exposito
LCE
Spain
4 views today
7 views this week
Luís Castedo Expósito

Luís Castedo Expósito

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Luís Castedo Expósito, nado en Céltigos, Ortigueira o 4 de decembro de 1938, é un químico galego que foi catedrático de Química Orgánica da universidade de Santiago e, despois da súa xubilación, catedrático emérito, e Director Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

É pai do catedrático da universidade da Coruña Luís Castedo Ribas.

Traxectoria

Formación

Licenciouse en Ciencias Químicas, con premio extraordinario, na universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou, así mesmo alcanzando o premio extraordinario, cunha tese dirixida polo profesor Ribas Marqués. Posteriormente, e con bolsas de estudo do Ministerio de Educación e da Fundación Juan March, iniciou unha etapa investigadora traballando durante tres anos na universidade de Cambridge investigando no prestixioso Departamento de Química dirixido polo Premio Nobel de Química Lord Todd. Alí desenvolveu un proxecto de investigación enmarcado na síntese total de alcaloides indólicos baixo a supervisión do eminente investigador John Harley-Mason. Finalizada a súa etapa posdoutoral, regresa á USC como profesor adxunto en 1970 e, en 1972 obtén a praza de catedrático de Química Orgánica Biolóxica da universidade do País Vasco (daquela denominada universidade de Bilbao), onde desenvolveu importantes traballos até o seu regreso á academia santiaguesa, en 1975, para cubrir a cátedra vacante de Química Orgánica da Facultade de Química, universidade na que hoxe é profesor emérito.

Investigación

O profesor Castedo iniciou a súa carreira científica na prestixiosa Escola Compostelá de Produtos Naturais creada polo profesor Ignacio Ribas levando a cabo, en primeiro lugar, estudos de illamento e elucidación estrutural de alcaloides, substancias nitroxenadas que sintetizan as plantas a partir de aminoácidos e que na súa maioría posúen unha acción fisiolóxica intensa nos animais, polo que son moi utilizados en medicina para tratar problemas da mente, calmar a dor e contra o cancro (exemplos serían a cocaína, a morfina, a quinina ou a nicotina).

O grupo de investigación que creou Castedo converteuse nun dos máis dinámicos da USC, con 75 teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas e máis de 500 publicacións nas revistas científicas máis prestixiosas do mundo.

Os estudos fitoquímicos do profesor Castedo leváronse a cabo principalmente en plantas da flora de Galicia coa finalidade de aproveitar e potenciar estes importantes recursos naturais. Como consecuencia das investigacións illouse un gran número de novos alcaloides bautizados en gran parte con nomes galegos. Así xurdiron os novos alcaloides arosina, arosinina, luguina, celtina, celtisina, breoganina, oxocompostelina, noiaína e viguina, así como catalina, ribasina e ribasidina. Dado que moitos destes novos alcaloides se achaban en moi pequena cantidade nas plantas, outra das liñas de investigación do grupo do profesor Castedo dirixiuse ao desenvolvemento de novos métodos de síntese para obter os novos produtos naturais en cantidade suficiente para poder determinar a súa actividade biolóxica.

A filosofía de traballo do profesor Castedo, un dos máximos responsábeis do progreso da Química Orgánica española nas últimas décadas, influíu de xeito decisivo en varias xeracións de químicos españois e "ten sido crucial" para a formación dun gran número de profesores e investigadores de recoñecido prestixio internacional. A actividade investigadora do profesor Castedo centrouse na síntese de produtos naturais, moitos deles con actividade biolóxica probada (por exemplo, metabólitos da vitamina D), no estudo de reaccións de ciclopolimerización de arinos e metátese de dieninos e na síntese e ensamblaxe de péptidos cíclicos e, finalmente, ao deseño de péptidos para o recoñecemento do xenoma e de nanotubos peptídicos, así como o desenvolvemento de estratexias sintéticas para a síntese de compostos antitumorais, herbicidas, carboazucres inhibidores de glicosidases e antibióticos.

O doutor Castedo foi profesor visitante na universidade de California e no Scripps Research Institute (USA).

Na política

No seu currículo, Castedo conta tamén, no ámbito da política, co cargo de director xeral de Ordenación Universitaria e Política Científica da Xunta de Galicia, participando activamente na transferencia da USC á Xunta e na elaboración da lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia, que supoñía a creación das universidades da Coruña e Vigo.

Premios e distincións

  • Premio de Investigación da Real Sociedade Española de Química.
  • Premio Galicia de Investigación 2003, da Xunta de Galicia.
  • Premio GEPRONAT 2012, á Excelencia na Investigación.
  • Colexiado Distinguido 2009, do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.
  • Doutor honoris causa da universidade do País Vasco, 2009.

    Notas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Luís Castedo Expósito is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Luís Castedo Expósito
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes