Luís Carrera Pásaro
Quick Facts
Biography
Luís Carrera Pásaro, nado en 1949 en Castro de Rei, é un economista e político galego.
Traxectoria
Carreira
Licenciouse en Económicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1971 empeza a traballar para o Banco Hispano Americano, co que é destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña. En 1979 pasa á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acada un posto de subdirector da compañía. En 1987 dá o salto á empresa pública, e convértese en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura (o equivalente estremeño de Sodiga), cargo que ocupará ata 1989.
Nese ano pasa a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupará ininterrompidamente ata a fusión desta caixa de aforros coas outras caixas do sur de Galicia. Así, en 1999 será director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España, aínda que esta fichaxe nunca se chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.
Partido Popular
En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación. A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda.