Lino Torre Sánchez-Somoza
Quick Facts
Biography
Lino Torre Sánchez-Somoza, nado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1866 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 1921, foi un xurista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Casimiro Torre Castro. Licenciouse en Dereito en 1887 e doutorouse ao ano seguinte. Abriu bufete e despois foi xuíz de primeira instancia. Conseguiu unha cátedra de Dereito na Universidade de Salamanca. En 1899 obtivo o traslado á cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela. Vencellado ao monterismo, presentouse ás eleccións de 1905 no distrito de Ponte Caldelas pero foi derrotado por Fernando Roca de Togores Aguirre, marqués de Rocamora. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela en 1906. O 17 de xaneiro de 1909 presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago, por ser contrario á Lei de Descanso Dominical, enfrontándose ao Gobernador civil da provincia, Felipe Crespo Lara. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1910 e volveu ser reelixido polo mesmo distrito en 1916. Foi reitor da USC (1920-1921).
Predecesor: Eduardo Vilariño Magdalena | Alcalde de Santiago 1906 - 1909 | Sucesor: Pedro Pena Gamallo |
Predecesor: Cleto Troncoso Pequeño | Reitor da Univ. de Santiago 1920 - 1921 | Sucesor: Luís Blanco Rivero |