Leonardo Santamarina
Quick Facts
Biography
Leonardo Santamarina Becerra, nado na Fonsagrada o 7 de marzo de 1912 e finado en New Brunswick (Nova Jersey) o 12 de febreiro de 1987, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Graduouse como mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela. Traballou como mestre e estaba matriculado na Sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid cando estalou a sublevación do 18 de xullo de 1936. Incorporouse ao exército leal e traballou nas oficinas da sección de artillería en Lorca. Chegou a ser capitán de Artillería. Ao derrubarse a República exiliouse en Cuba onde traballou como mestre e doutorouse na Universidade da Habana. En 1945 marchou aos Estados Unidos de América onde foi profesor de Lingua e Literatura española no Douglass College de New Brunswick.