Kevin Butcher
Quick Facts
Biography
Kevin Edward Templar Butcher, nado en Hereford, Inglaterra, é un historiador e numismático británico especializado na moeda e a economía do Oriente Próximo na época Romana.
Traxectoria
Logo de completar a súa educación secundaria en Hereforde, ao oeste de Inglaterra, Kevin Butcher graduouse na Universidade de Bristol en 1983 e posteriormente trasladouse ao University College de Londres, onde acadou, no seu Institute of Archaeology, o seu doutoramento en 1991 cunha tese acerca das emisións monetarias da Siria romana.
En 1988, ano da publicación do seu primeiro libro, ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge. Posteriormente, logo dunha etapa como investigador en Inglaterra cunha bolsa Leverhulme Trust, trasladouse a Beirut, no Líbano, para exercer como profesor asociado no departamento de Historia e Arqueoloxía na American University (1995-2007). Nesa cidade estivo, ademais, moi involucrado nas escavacións internacionais no seu distrito central.
Dsde 2007 é profesor titular no departamento de Mundo Clásico e Historia Antiga na Universidade de Warwick.
O seu campo de investigación en materia numismática céntrase nas cuñaxes do Oriente Próximo romano, aínda que abrangue tamén aspectos como a economía romana, as técnicas de produción monetaria e o aspecto sociolóxico da moeda. Nos seus estudos máis salientables ocúpase da moeda da Antiga Grecia e na da Antiga Roma, sinaladamente as cuñaxes cívicas e a moeda provincial romana, e tamén da moeda helenística e na romana das costas de Siria e do Líbano.
En 2019 recibiu unha das presixiosas bolsas AHRC para o desenvolvemento do proxecto Rome and the Coinages of the Mediterranean (RACOM), no que se investiga a metalurxia das moedas imperiais e provinciais romanas de prata desde Septimio Severo a Valeriano e Galieno, cunha duración de cinco anos.
Publicacións
Butcher é autor dun bo número de artigos, publicados nas principais revistas numismáticas e arqueolóxicas, como Numismatic Chronicle, Revue Belge de Numismatique, Rivista Italiana di Numismatica, Oxford Journal of Archaeology, etc. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:
- (1988). Roman Provincial Coins: an introduction to the Greek Imperials. Spink & Son, Londres. ISBN 978-1852640101
- (1991). This is my image: the use of portraits in the World of Greece and Rome (con D. V. J. Gill). Sutton, Gloucester. ISBN 9780862997748
- (2003). Roman Syria and the Near East. Paul Getty Trust Publications. ISBN 978-0892367153
- (2003). Small Change in Ancient Beirut. The Coin Finds from BEY 006 and BEY 045: Persian, Hellenistic, Roman, and Byzantine Periods. American University of Beirut.
- (2004). Coinage in Roman Syria. Northern Syria, 64 BC - AD 253. Royal Numismatic Society, Londres. Special Publication, 34. ISBN 9780901405586
- (2015). The Metallurgy of Roman Silver Coinage. From the Reform of Nero to the Reform of Trajan (con Matthew Ponting). Cambridge University Press. ISBN 9781107027121
- (2017). Regional History and the Coin Finds from Assur (con S. Heidemann). Harrassowitz Verlag, Wiesbaden. ISBN 978-3447107617
- (2020). Debasement: manipulation of coin standards in pre-modern monetary systems. Oxbow Books, Oxford. ISBN 9781789254013
Recoñecementos
- (2018): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París.
Notas
- ↑ Publicada en 2004. Véxase (2004) en "Publicacións".
- ↑ "Jeton de vermeil 2018 – M. Kevin Butcher". SFN.
- ↑ "Professor Kevin Butcher". Classics and Ancient History. University of Warwick.
- ↑ Véxase (1988) en "Publicacións".
- ↑ "Kevin Butcher". Academia.edu
- ↑ "Butcher, Kevin Edward Templar - Digital Library Numis". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 2022-02-14.
- ↑ "Butcher, Kevin". WorldCat.
- ↑ "Professor Kevin Butcher. Recent Publications". Classics and Ancient History. University of Warwick.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).