Julio Veiga Valenzano
Quick Facts
Biography
Julio Veiga Valenzano, nado na Coruña e finado en Madrid, foi un compositor, violinista e crítico musical galego, fillo de Pascual Veiga Iglesias.
Traxectoria
Foi discípulo de Jesús de Monasterio, rematou a carreira en 1888 e xa en 1889 acadou un grande éxito como concertista no Casino Republicano.
Colaborou como crítico e articulista na Ilustración Musical Hispano-Americana, sendo de especial relevancia un artigo asinado en Madrid en xuño de 1894, no que sinala os elementos que caracterizan á música galega: a sinxela consonancia harmónica e a melodía exuberante de forza rítmica, derivando deles un terceiro elemento, que puidéramos denominar estético, en quen se confunden entrañablemente aqueles, di no seu artigo.
Compuxo varias obras, entre elas unha colección de valses para piano, titulada Al vuelo, e tamén a melodía para canto e piano ¡Fatalidad!.
Notas
- ↑ Entrada “Veiga Valenzano, Julio” na GEG.