Juan Pérez Dopico
Quick Facts
Biography
Juan Pérez Dopico, alcumado Xan de Xenaro, nado en Grandal (Vilarmaior) en 1917 e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Desertou do exército sublevado e participou na defensa de Madrid. Foi detido en 1939 e condenado a morte. Foille conmutada a pena e permaneceu na prisión de Carabanchel ata 1945. Ao saír traballou en ASTANO, militando no PCE. Botouse ao monte en 1946 e converteuse no xefe militar do Destacamento Segundo Vilaboy da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia xunto a Juan Gallego Abeledo O Comandante. O 21 de xuño de 1949 foi abatido nun enfrontamento coa Garda civil en Silán (Muras) con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Celia González Pernas e Josefa Escourido Cobo.