Juan Nó Iglesias
Quick Facts
Biography
Juan Nó Iglesias, nado na Coruña en 1883 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1920, foi un tipógrafo e sindicalista galego.
Traxectoria
Alternou o traballo sindical e a actividade xornalística na prensa obreira coa presenza na directiva do Centro de Estudios Sociales Germinal e a xestión da Tipografía Obrera. Foi membro do Comité da Federación de Sociedades Obreras da Región Española (1905) e do grupo anarquista Solidaridad Internacional. En 1913 fundou con Enrique Taboada Chas o grupo anarquista ferrolán 13 de Octubre, o periódico Cultura Libertaria e a Biblioteca La Internacional. Entre 1912 e 1917 encabezou a Federación Local Obrera e presidiu a sociedade de mariñeiros El Despertar Marítimo e as de panadeiros, tipógrafos, camareiros e cociñeiros marítimos. Participou nas folgas de 1916 e 1917 polo que estivo recluído no Castelo de San Antón onde contraeu tuberculose. En 1918 foi o guía do grupo da CNT en xira propagandista por Galicia. En 1919, xa gravemente enfermo, foi deportado a Baltanás polo paro xeral en solidariedade coa folga de La Canadiense. Colaborou en El Corsario, Germinal, La Acción, Cultura Libertaria e La Voz del Obrero.