Juan Miguel Diz Guedes
Quick Facts
Biography
Juan Miguel Diz Guedes, nado en Tui o 24 de outubro de 1953, é un político galego.
Traxectoria
Licenciado en dereito, foi alcalde de Tui (1987-1990), deputado no Parlamento de Galicia (1990-1996), conselleiro de Xustiza e Interior (1993-1996). En maio de 1996, foi designado Delegado do Goberno en Galicia, cargo que exerce ata que é nomeado, en xuño do 2000, conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais. Desencadeada a denominada crise das vacas tolas, asume a titularidade da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2001-2004) tras o cesamento de Cástor Gago. Regulou as agrupacións de defensa sanitaria gandeira en Galicia (Decreto 91/2001 de 19 de abril), redactou o proxecto de lei polo que se regula a promoción e defensa da calidade agroalimentaria, reformou a Lei de Concentración Parcelaria mediante a Lei 1/2001, do 10 de setembro, aumentou a superficie cualificada para proxectos de agricultura ecolóxica, elaborou a Estratexia galega de desenvolvemento rural cubrindo a totalidade do territorio con programas xestionados por grupos de acción local coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, creada durante o seu mandato, e formulou o Programa de Investigación e Desenvolvemento Agrario
A raíz do afundimento do Prestige, Diz Guedes é dos Conselleiros que se posicionan con Xosé Cuíña a favor dunha acción autónoma fronte ao Goberno central e a dirección nacional do Partido. Isto marca o inicio do seu declive político. Un ano despois, renuncia á súa carteira de Conselleiro e, en setembro de 2006, anuncia a súa baixa do Partido Popular tras 16 anos de militancia.
Predecesor: Ángel Álvarez Durán | Alcalde de Tui 1987-1990 | Sucesor: José Luís Gómez Núñez |
Predecesor: Juan Luis Pía Martínez | conselleiro de Xustiza e Interior 1993-1996 | Sucesor: Xesús Palmou |
Predecesor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe | conselleiro de Relacións Institucionais 1997-2000 | Sucesor: ' |
Predecesor: Cástor Gago | conselleiro de Agricultura 2001-2004 | Sucesor: José Antonio Santiso Miramontes |
Predecesor: Domingo García-Sabell | delegado do goberno en Galicia 1996-2000 | Sucesor: Arsenio Fernández de Mesa |