Juan Delgado Criado
Quick Facts
Biography
Juan Ignacio Delgado Criado, nado en Malpica de Bergantiños en 1908 e finado en Temuco (Chile) en 2010, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
Fillo do secretario xudicial de Malpica e da mestra Ramona Criado Orellana, era o cuarto dunha familia de doce irmáns. Auxiliar do secretario do xulgado de Malpica de Bergantiños e contador do Pósito. Foi presidente de Izquierda Republicana de Malpica. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendído polo gobernador civil o 30 de xuño de 1937 como secretario do Pósito, xunto co secretario da corporación Ramón Astray Labarda, dous oficiais do concello e a destitución do alcalde Pedro Grela Viqueira. Fuxiu de Malpica en agosto de 1938 na evasión do Rocío. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Ingresado no Campo de concentración de Argeles. Marchou a Buenos Airesno Winnipeg e de alí pasou a Valparaiso (Chile), onde entrou a traballar no Banco Español. En 1955 trasladouse a Allipén e dedicouse ao cultivo de trigo. Desde 1992 residiu en Temuco coa súa filla, onde morreu aos 102 anos.
Vida persoal
Casou en 1949 con Paz Mera Pérez, e tivo dous fillos: Juan Amador e María Cristina.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2011). O mar e a memoria. O expediente Armesto. A Coruña: Laiovento. p. 106. ISBN 978-84-8487-221-4.
Outros artigos
- Evasión da motora Rocío
Ligazóns externas
- Juan Delgado Criado na páxina web Nomes e Voces.