peoplepill id: josep-carbonell-i-alsina
JCIA
Spain
3 views today
12 views this week
Josep Carbonell i Alsina
Spanish poet, journalist and writer

Josep Carbonell i Alsina

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish poet, journalist and writer
Places
Gender
Male
Place of birth
Reus, el Baix Camp, Tarragona Province, Spain
Place of death
Pontevedra, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
72 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Juan Carbonell Alsina, que asinaba como J. Cea, nado en Reus en 1873, foi un xornalista e político catalán residente en Galicia.

Traxectoria

Fillo de José Carbonell Bras e Josefa Alsina Llabería. Foi membro dunha sociedade de librepensadores de Reus, participou na guerra de Cuba e publicou en 1898 Del cuartel y la manigua: impresións d'un soldat, de volta a Cataluña colaborou en Eco Republicano, pero despois dirixiu o Semanario Católico de Reus (1899-1901), onde publicaba co pseudónimo de Carlos de Vera; e deste pasou a dirixir o diario católico La Cruz de Tarragona (1901-1902). En 1906 publicou en Reus o poemario De l'amor: poesies e en 1910 estreou nesa cidade a obra Crim i redempció, que non foi publicada. A principios dos anos dez apareceu como redactor de El Progreso de Pontevedra e en 1913 xa é redactor xefe.

As súas actividades foron escuras ata que en 1916 o prietismo ordenou a loita contra o marqués de Riestra. José Carbonell desatou desde El Progreso unha campaña contra o marqués que rematou co seu prestixio. Converteuse no escritor anticaciquil máis coñecido e radical de Galicia. Tamén interveu como orador agrario e conferenciante. Participou na Asemblea de Santiago de Compostela de 1916 en protesta polos mártires de Cans. A partir de 1917 tomou parte nas concentracións agrarias e obreiras, dirixiu a operación electoral que a esquerda preparou para asaltar a Deputación de Pontevedra, implantou a súa orientación no Concello de Cerdedo e Forcarei e mantivo unha polémica con A Nosa Terra defendendo a tese de que o agrarismo tiña que ser político e decididamente anticaciquil.

Cando o catalanismo da Lliga Regionalista acadou o poder e o seu líder Francesc Cambó exerceu labores en relación coa política galega, Carbonell cambiou a súa orientación en función das ordes do seu diario, a favor das novas alianzas. Durante a súa visita a Galicia no Nadal de 1917, Cambó compartiu con Antón Losada Diéguez un multitudinario mitin electoral en Cerdedo o 19 de febreiro de 1918, no marco da campaña para os comicios xerais do día 24. Neste período Carbonell afianzou a súa amizade con Castelao.

En 1919 involucrouse nas loitas de Moraña e sufriu un proceso político polos seus ataques ao cura de Saiáns, membro da familia dominadora do concello, e foi desterrado. Recibiu o amparo dos agrarios de Ponteareas e, tras unha breve estancia con eles, trasladouse a Vigo en abril de 1921, onde dirixiu o semanario La Luz con escaso éxito, pois mantivo os seus puntos de vista de antano a favor da redención. Despois dirixiu o semanario vigués El Tanque (1922-1923).

Na ditadura de Primo de Rivera trasladouse a Barcelona en 1926, abandonou a redacción de Progreso en setembro de 1927 por disparidade coa liña do periódico e comezou a colaborar como redactor de El Pueblo Gallego en Pontevedra até setembro de 1928. Foi deportado a Lleida a principios de 1929 e volveu colaborar en El Progreso. Regresou a Pontevedra en marzo de 1930. Evolucionou cara o republicanismo a través do reformismo de Melquíades Álvarez. Foi procesado novamente en outubro de 1930. Durante a Segunda República foi elixido vicepresidente do Recreo de Artesanos de Pontevedra en 1931, continuou colaborando en Progreso e o 12 de novembro de 1934 foi nomeado concelleiro de Pontevedra na corporación radical presidida por Vicente Quintá Somoza, permanecendo co cargo ata principios de xaneiro de 1936.

Realizou múltiples traballos como correspondente de publicacións de Madrid e Barcelona.

Obras

  • Del Cuartel y la Manigua (Impresions d'un soldat), 1898.
  • De l'amor: poesies, 1906.
  • Día de Gloria, 1927.
  • La caza del milano (comedia nun acto).

Notas

  1. El Progreso, 14-4-1921, p. 1.
  2. El Progreso, 13-3-1927, p. 2.
  3. El Progreso, 24-9-1927, p. 2.
  4. El Progreso, 13-3-1930, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 22-12-1931, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 13-11-1934, p. 14.

Véxase tamén

Bibliografía

  • "CEA, J." in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  • Nóvoa Gil, Virgilio Antonio (1934). "José Carbonell Alsina". Vida Gallega (607). 
  • Solla, Calros (2011). O ano que chimpamos o cacique. Crónica do agrarismo en Cerdedo (1916-1923). Cangas do Morrazo: Morgante. ISBN 978-84-15166-19-1. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Josep Carbonell i Alsina is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Josep Carbonell i Alsina
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes