peoplepill id: jose-ramon-lence
JRL
Spain
2 views today
2 views this week
José Ramón Lence
صحفي إسباني

José Ramón Lence

The basics

Quick Facts

Intro
صحفي إسباني
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
A Coruña
Place of death
Buenos Aires
Age
76 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Ramón Lence, nado na Coruña o 16 de outubro de 1874 e finado en Buenos Aires o 19 de xaneiro de 1951, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Trasladouse coa familia a Monforte de Lemos, onde estudou no colexio dos Escolapios. Publicou artigos na prensa local (El Eco de Lemos e Heraldo de Lemos), foi redactor e administrador de La Concordia e dirixiu La Opinión. En 1904 emigrou a América, dirixiuse primeiro a Montevideo onde foi redactor de La Democracia, e en 1905 trasladouse a Buenos Aires e incorporouse á redacción de El Diario Español. Promoveu unha campaña para a constitución do Centro Gallego en maio de 1907. En 1908 fundou con José Vázquez Romaguera o semanario Correo de Galicia, que se converteu no periódico galego de maior difusión en América, permanecendo sen interrupción ata 1946 cando cambiou a súa denominación por Nuevo Correo.

José Ramón Lence na redacción de Correo de Galicia, 1910.

As súas actitudes políticas foron cambiantes. Nun principio profesou un rexeneracionismo entusiasta tinguido de catolicismo social, que o levou a simpatizar co maurismo español. Nos anos vinte, ante o fracaso da reforma do réxime monárquico desde arriba, e logo dunha viaxe a Galicia, mantivo un fugaz idilio político co nacionalismo galego, e durante a ditadura de Primo de Rivera foi oposto á mesma. Nos anos trinta, e especialmente dende 1932, experimentou un desapego respecto ao réxime republicano español, culminado co seu aliñamento co bando franquista en 1936.

Obras

Publicou La Conquista de América (1914), Jornadas de lucha (1924) e Memorias de un periodista (1945). Tamén escribiu teatro para a colectividade galega, como o monólogo Pedro da Portela, a zarzuela La galleguita (1914), escrita con Ramón Fernández Mato, na que se recrea o reencontro con Galicia dos emigrados a través do namoramento entre un fillo de americano retornado e unha fermosa moza galaica, o sainete lírico El almacenero (1915), Rosiña de Belesar con música de Egidio Paz Hermo (1915), as comedias Gente de Casa (1915), El señor presidente e Luz de Aurora (1917).

Na súa obra literaria trata temas costumistas e tamén intenta abordar cuestións de actualidade e desenvolver en forma alegórica debates de interese para os inmigrantes.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Ramón Lence is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Ramón Lence
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes