peoplepill id: jose-martinez-romero-gandos
JMG
Argentina
2 views today
13 views this week
Image: a-partir-de-los-cuarenta.blogspot.com
José Martínez-Romero Gandos
Argentinian psychologist

José Martínez-Romero Gandos

The basics

Quick Facts

Intro
Argentinian psychologist
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Buenos Aires, Argentina
The details (from wikipedia)

Biography

José Martínez-Romero Gandos, nado no barrio de San Telmo de Buenos Aires, é un psicólogo galego.

Traxectoria

Fillo de emigrantes da Terra de Montes desenvolveu na Arxentina unha dilatada actuación na colectividade galega emigrada no Río da Prata.

Participou na vida cultural galega da emigración desde 1960 até o seu retorno definitivo a Galiza no 2002. Nesa actividade na emigración acadou diferentes cargos institucionais sendo os principais os de Presidente da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos, Presidente da Sociedade de Campo Lameiro e Presidente da Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina.

Leva adiante en Bos Aires, por varios anos, a emisión radiofónica "Nós, os galegos. Galiza como Nación", exclusivamente adicada a espallar música, cultura, comentarios e novidades de Galiza. Emitiuse na Provincia de Buenos Aires dende xullo de 1999, os sábados de 17 a 18 horas. Este programa conseguiu no 1999 dous premios polo labor cultural.

No ámbito profesional acadou o grao de doutor en psicoloxía pola Universidade da Coruña cunha tese sobre os galegos emigrados ó Río da Prata: Emigración y Psicoloxía - Alteridad y alienación en los emigrantes gallegos al Río de la Plata. A súa comprensión existencial. É licenciado en psicoloxía e na Coruña dedícase á asistencia de inmigrantes e de mulleres vítimas da violencia doméstica. Leva adiante un blog sobre a actividade logoterapéutica.

Foi presidente da Sociedad de Campo Lameiro (1990-2002), secretario de Cultura da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina (1992-1996), da que despois foi presidente (1996-1997), presidente da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos (1967-1970) e director do Boletín “Irmáns” da Unión de Asociacións Galegas.

No 1968 organízanse en Bos Aires os Xogos Florais do Idioma Galego. Integra a súa organización como Secretario de Prensa, participando na redacción de comunicados preliminares, normas, invitacións e organización do material poético do certame.

No 1987, xunto á súa compañeira Pilar Jeremías, inician a primeira peregrinación á Terra Nai. No 1991 representa os seus veciños emigrados nunha visita ao Concello. No 1994 viaxa a Galiza para participar dos actos de homenaxe a Luís Seoane no Día das Letras Galegas. Fala no Concello de Oleiros sobre o tema. No 1996, con ocasión dunha viaxe a Málaga para ditar un curso sobre a familia na Universidade de Málaga, visita Galiza nunha serie de contactos para organizar cursos de intercambio.

Co apoio da Deputación da Coruña concreta en setembro do 2000 un convenio coa Asociación de Vecinos de Monte Alto, Torre de Hércules e Atocha (AVAMATH) para iniciar o "Proxecto Esperanza".

No ano 2002, por mor da crise socioeconómica da Arxentina decide, xunto coa familia, retornar a Galiza definitivamente. Chega o 2 de decembro de 2002 e instálase na Coruña.

Vincúlase ao movemento asociacionista dos inmigrantes residentes na Coruña e remata a súa formación especializándose na Mediación Intercultural.

Colaborou en Galicia e foi correspondente da páxina de Buenos Aires no buscador galego Vieiros onde publicou artigos sobre a emigración no Río da Prata.

Vida persoal

Casou en Buenos Aires o 7 de xullo de 1967 con Pilar Jeremías Cela, na primeira cerimonia matrimonial en galego no mundo.

Obra e actividade

  • Psicólogo Clínico especializado en familia, grupos e violencia doméstica dende 1970.
  • Director da Carreira de Psicoloxía da Universidad del Salvador (Buenos Aires) dende 1991 até 1998.
  • Profesor universitario na Cátedra de Psicoloxía da Personalidade (USAL – Buenos Aires).
  • Numerosos traballos publicados, ditado de conferencias e presentacións en congresos da súa especialidade.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Naval, Francisco Xosé; Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar); 2006; Linteo; ISBN 978-84-96067-21-9.
  • Pérez-Prado, Antonio. "Los gallegos y Buenos Aires". Ediciones La Bastilla. vd. capítulo adicado á relixión.
  • Palmás, Ricardo. "A emigración galega na Arxentina". Edicións do Castro. A Coruña. 1978.

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Martínez-Romero Gandos is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
José Martínez-Romero Gandos
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes