peoplepill id: jose-maria-crecente-vega
JMCV
Spain
1 views today
2 views this week
José María Crecente Vega

José María Crecente Vega

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Xosé María Crecente Vega Xosé Crecente Vega Crecente Vega
Places
Gender
Male
Age
51 years
The details (from wikipedia)

Biography

Xosé Crecente Vega, nado en Outeiro (Castro de Rei) o 3 de xullo de 1896 e finado en Segovia o 21 de marzo de 1948, foi un escritor e sacerdote galego.

Traxectoria

Seminario de Mondoñedo, onde estudou Crecente Vega.

Naceu nunha familia labrega, e foi o segundo de seis irmáns. Con catorce anos marchou ao Seminario de Mondoñedo, onde comezou os estudos de latín da man de Xosé María Chao García. Foi ordenado presbítero o 20 de decembro de 1919, en 1920 foi nomeado coadxutor de Santa Rita de Xuvia e San Xiao de Narón, e en 1923 foi nomeado párroco de Narón.

En 1931 rematou o Bacharelato en Ourense, e comezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, rematándoa en Salamaca en 1935. ;archou a Madrid a continuar os seus estudos e facer oposicións á cátedra de latín. Alí sorprendeuno a guerra civil española, e ao rematar o conflito foi nomeado profesor do Instituto Ramiro de Maeztu. En 1941 gañou por oposición unha bolsa no Instituto Antonio de Nebrija, co mandado de facer unha edición comentada das Elexías de Tibulo. Foi catedrático e Latín no Instituto de Antequera e nun centro de ensino secundario de Segovia, do que foi nomeado director, cargo que desempeñou até a súa morte en 1948.

En 1998 os seus restos foron trasladados ao cemiterio parroquial de Santa María de Outeiro.

Obra

É autor dun único libro, Codeseira, publicado en 1933, onde o tratamento da paisaxe ofrece resonancias clásicas. Seguiu a liña iniciada por Antonio Noriega Varela, de carácter ruralista que o enlazan co século XIX, se ben inclúe tamén elementos vangardistas como o hilozoísmo.

En 1965 fíxose unha segunda edición con prólogo de Xosé Trapero Pardo. En 1996, coincidindo co centenario do seu nacemento, foi publicado polo Seminario de Mondoñedo na revista Amencer. En 1997 a Fundación Caixa Galicia publicou José Crecente Vega, a poesía de Codeseira, unha edición crítica e estudo feitos por Ricardo Polín e Luz María Durán, traballo gañador do XI Premio Anxel Fole. En 2002, o Centro Ramón Piñeiro publicou a obra poética que quedara inédita, nun volume titulado Folla Bricia. Poesía galega completa, nunha edición crítica realizada por Ricardo Polín que inclúe tamén os textos de Codeseira.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Artigo: "CRECENTE VEGA, José" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  • Francisco Fernández del Riego, Historia da Literatura Galega, Editorial Galaxia, 1971, p. 214.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José María Crecente Vega is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José María Crecente Vega
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes