José Domingo Cipriano Oreiro
Quick Facts
Biography
José Domingo Cipriano Oreiro Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1947 en Muros, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou pedagoxía e comezou a dar clase para rapaces con dificultades cognitivas no IES de Carnota.
Militante do Partido Popular de Galicia, foi elixido deputado autonómico nas eleccións galegas de 1993. Permaneceu durante dous anos na cámara do Hórreo, ata que en 1995 foi elixido alcalde de Carnota nas municipais dese ano, ao obter a súa agrupación política 6 concelleiros.
En 2004 integrou a candidatura do Partido Popular de Galicia ao Congreso dos Deputados nas xerais dese ano, e resultou elixido. Volvería a ser o alcalde de Carnota logo das eleccións de 2007, cando obtivo 7 concelleiros, despois do mandato de Xosé Manuel García Martínez, do BNG. Abandonou o Congreso en 2008, e a alcaldía en 2011, cando foi substituído á fronte do concello carnotán por Ramón Noceda Caamaño, do BNG, que xa fora o alcalde da vila entre 1983 e 1989.
No ano 2014 foi imputado por fraude na contratación dunha empregada municipal na súa última etapa na alcaldía. En 2020, confirmouse a acusación e tanto el coma a que fora a tenente de alcalde foron condenados a 7 anos de inhabilitación para cargo público.
Predecesor: Manuel Santiago Brea Beiro | Alcalde de Carnota 1995-1999 | Sucesor: Xosé Manuel García Martínez |
Predecesor: Xosé Manuel García Martínez | Alcalde de Carnota 2007-2011 | Sucesor: Ramón Noceda Caamaño |
Notas
- ↑ "El exalcalde, el secretario y la contratada, imputados por el enchufe de Carnota". Consultado o 7-1-2015.
- ↑ "Inhabilitados ex-alcalde e ex-tenente de alcalde do PP de Carnota por prevaricación". 3/6/2020. Consultado o 3/6/2020.