peoplepill id: jose-antonio-fondevila
JAF
Spain
3 views today
3 views this week
José Antonio Fondevila

José Antonio Fondevila

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

José Antonio Fondevila García, nado en Fiestras (Silleda) o 20 de agosto de 1952, é un pintor galego. Actualmente reside en Lalín.

Traxectoria

Diplomado en 1982 pola Universidade Internacional de Arte de Miami, INTERART, e cunha bolsa da Xunta Central de Información, Turismo e Educación Popular do Ministerio de Información e Turismo, Fondevila foi un pintor autodidacta, en cuxas obras predominan as cores azuis e douradas, cores que plasma en diferentes soportes, entre os que se atopan o táblex, o lenzo tradicional ou incluso o papel.

A súa primeira exposición individual realizouna en 1993 no Museo Ramón María Aller de Lalín. A súa é unha pintura de denuncia[Cómpre referencia], que invita á reflexión, e que non se axusta a cánones predeterminados; porén, podemos apreciar nas súas obras doses de surrealismo, impresionismo e mesmo expresionismo.[Cómpre referencia]

Exposicións e actividades

1993:

  • Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
  • I Bienal Pintor Laxeiro (Lalín). Colectiva.
  • Concello de Cambados. Colectiva.
  • Casa de Cultura de Chantada. Colectiva.
  • Biblioteca Pública de Lugo. Colectiva.
  • Museo Ramón María Aller de Lalín. Individual.
  • Casa de Cultura de Silleda. Individual.

1994:

  • Museo Valle Inclán, A Pobra do Caramiñal. Individual.
  • Museo Manuel Torres, Marín. Individual.
  • Galería Antonio Villar. Lalín. Individual.
  • Galería Saira de Vigo. Colectiva.
  • Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Dez anos de algarabías. Colectiva.

1995:

  • Itinerante Dezasete artistas, organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Colectiva.
  • Club de Golf Domaio, Moaña. Individual.
  • II Bienal Pintor Laxeiro, Lalín.
  • Galería de Arte Caminhense, Caminha (Portugal). Individual. (Intercambio cultural Luso-Galaico).
  • Cartel da XXI edición da Festa da empanada da Bandeira (Silleda).
  • Galería Ximú de Ourense. Conxunta.
  • VII certame de arte Concello de Tui.

1996:

  • I certame de arte Concello de Burela.
  • II Xuntanza Obradoiro “A Solaina de Piloño”.
  • Sala de exposicións Oficina de Turismo de Monforte de Lemos. Individual.
  • Cartel da festa da tortilla de Laro (Silleda).

1997:

  • I Mostra de Artes Plásticas de Silleda. Colectiva.

1998:

  • II Mostra de Artes Plásticas de Silleda, Colectiva.
  • III certame de arte Concello de Burela.
  • Turiarte 1998. Fundación Semana Verde de Galicia.

1999:

  • Colectiva de verán, Lugo.
  • Creart, Semana Verde de Galicia.
  • Cartel da primeira festa do lacón de Silleda. Concello de Silleda.
  • Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Un século de Arte en Deza: 1900- 2000. Colectiva.

2000:

  • Individual na Central da Caixa de Aforros Provincial. Pontevedra.
  • Centro Comarcal do Salnés. Colectiva.
  • Concello de Bande. Colectiva.
  • Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
  • Feira de Artes Plásticas. Renfe (Vigo).
  • Certame Nacional de Pintura El Pincel Verde, Madrid.

2001:

  • Arte Solidaria no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.
  • Casa da Cultura do Concello de Rodeiro. Individual.
  • Semana Verde de Galicia, Silleda. Colectiva.
  • Câmara Municipal de Valença do Minho (Portugal). Colectiva.

2002:

  • Colectiva no Museo Manuel Torres de Marín. Fondos dunha década.
  • Individual no castelo de Soutomaior. (Deputación de Pontevedra).
  • Colectiva no Centro Galego de Barcelona.
  • Colectiva no Museo Ramón Mª Aller de Lalín. A favor da Arxentina.
  • Colectiva en Área Panorámica de Tui.
  • Colectiva Veranee con Arte, Pontevedra.
  • VI Mostra de Arte no Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
  • Nova Arte de Deza, de pintores nados na segunda metade do século XX, Museo Ramón Mª Aller de Lalín. Colectiva.

2003:

  • Itinerante Marea Blanca, a favor dos afectados pola marea negra do Prestige. Colectiva.
  • Colectiva na Sala Lorem de Barrantes (Ribadumia).
  • Colectiva no Centro Cultural do Barco de Valdeorras; organizada polo Instituto de Estudios Valdeorreses e o concello da Rúa.
  • Autor das ilustracións, xunto con outros pintores, como R. Priegue, Cajete, Agra, Deulofeu e Lorem, da obra poética de Mª del Carmen Gago Florenti, Vientos del alma, un caderno monográfico editado polo Instituto de Estudios Valdeorreses.
  • Colectiva Artistas de Deza no castelo de Soutomaior; organizada pola Diputación de Pontevedra.
  • Membro do xurado do certame escolar a nivel autonómico “Pintor Colmeiro".
  • Individual no “Centro de Arte Vicus” (Vigo).
  • Colectiva de pintores galegos na “Sala Cultural Lorem”, Ribadumia.
  • Feira de Arte e decoración “FICOMATIC”, organizada pola fundación “Semana Verde de Galicia”, Silleda.
  • Colectiva no Liceo Casino de Pontevedra.

2004:

  • Realización do cartel para a XXXVI edición da “Feira do Cocido” de Lalín.
  • Colectiva itinerante “Caminos de Portugal a Santiago”.
  • Individual na Casa da Cultura ce Vila de Cruces.
  • Conxunta no Centro de exposicións de Sotillo de la Adrada (Ávila).
  • Individual no Centro Cultural CAJA DE BURGOS, Briviesca (Burgos).
  • Colectiva na Galería Lucía Torres, Oleiros.

2005

  • Colectiva na Galería "Crisolart" (Barcelona) de autores incluídos no libro “ARTISTAS DEL SIGLO XXI”. Editado e presentado por “Ediciones Ecuador”.
  • Colectiva na Galería "Darbey Louise" (Barcelona).
  • Colectiva itinerante “FIRE FAIR 2005” polas principais cidades de Dinamarca. Organizada por “Crisolar Galleríes” de Barcelona.
  • Colectiva no Liceo Casino de Pontevedra.
  • Colectiva “Artistas del siglo XXI” no Centro Cultural García Lorca Del Vendrell (Tarragona).
  • Curso de GRABADO CALCOGRÁFICO Y TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN, impartido por Anne Heyvaert.
  • Individual na Galería "Chroma” de Vigo.
  • Realización da tarxeta de Nadal para o concello de Lalín.
  • Colectiva “Arte Solidario” a favor dos “Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres” na “Galería Chroma” de Vigo.

2006:

  • Holland Art Fair. Feira de Arte a Haia (Países).
  • Colectiva no Centro Cultural da Guarda.
  • Colectiva no Centro Cultural de L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona).
  • Colectiva na Galería "Crisolart” de Barcelona.
  • Participación na VII edición de FAIM (“Feira de Arte Independiente de Madrid”).
  • Participación nos actos de homenaxe a Laxeiro. Pintura ao aire libre.
  • Participación “Puro Arte”, Vigo; con Galería Chroma.
  • Colectiva na sala de exposicións da estación de RENFE de Vigo.

2007:

  • Seleccionado para o IV Salón Internacional de Artes Plásticas (Salón Primavera); organizado por “Ediciones Ecuador 21”, S.L. e o concello de St. Jaume de Llierca (Xirona).

Premios (anos 2006-2007)

  • Seleccionado para participar no VIII Certame de Arte “Galería Burela”, Burela.
  • Seleccionado para o certame “El Balcón del Ampurdá”, Xirona.
  • Primeiro premio II Certame de pintura “El vino y su entorno”, Pontevedra.
  • Seleccionado para a 21ª edición do concurso de pintura de Mieres (Xirona).
  • Seleccionado para o XV Certame de pintura “Vila de Cedeira”.
  • Premio de honra no “II Salón Internacional de Artes Plásticas de Sant Joan les Fonts” (Xirona) e “Edicións Ecuador”.
  • Seleccionado para o II Premio de Pintura “Antón Rivas Briones”, concello de Vilagarcía de Arousa.

Publicacións

  • Incluído na guía nacional de arte, “Artistas del siglo XXI”, editada por Ediciones Ecuador.
  • Incluído no 2001 na guía de arte “Quién y por qué”. “Anuales de las Artes Plásticas en el siglo XXI”, editada por ARTE Y PATRIMONIO, S.A.
  • No 2002, incluído na obra “Nova Arte do Deza”. “Os pintores nados na segunda metade do século XX”, editada polo Seminario de Estudios de Deza.
  • Incluído no 2003 na guía de arte “Artistas de Galicia”, editada pola Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
  • Tamén no 2003 foi incluído no catálogo “arte axuda Galicia”, editado por Marea Branca coa axuda da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación de Pontevedra.
  • No 2005, o pintor aparece na “Guía de arte ’05”. “XXV Aniversario”, editada por Plecs D’ART, S.L.
  • Incluído na guía de pintura 2006-2007, editada pola galería “Cebriart” de Barcelona.
  • Ademais de en numerosas guías de arte, a presenza de Fondevila déixase notar tamén en variadas revistas de carácter artístico ou cultural, entre as que se atopan a catalana “revistart” ou a revista mensual independente “Crítica de arte”, así coma noutras de ámbito local.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Antonio Fondevila is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
José Antonio Fondevila
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes