peoplepill id: jose-alfonso-fuente-parga
JAFP
Spain
6 views today
6 views this week
José Alfonso Fuente Parga
Spanish politician

José Alfonso Fuente Parga

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
Places
Work field
Gender
Male
Birth
Age
52 years
The details (from wikipedia)

Biography

José Alfonso Fuente Parga, nado en 1972, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Estudou Empresariais e exerce como asesor fiscal. Concelleiro de Barreiros polo Partido Popular de Galicia (PPdeG), logo do falecemento do alcalde Luis Fraga Leiro o 21 de maio de 2005, foi elixido para substituílo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta..

Estivo implicado nunha serie de procesos xudiciais e políticos que derivan da súa xestión urbanística no municipio nos primeiros anos da década do 2010. Amparándose na obsolescencia da normativa urbanística local (unhas Normas Subsidiarias municipais), Fuente Parga concedeu licenzas de edificación en terreos sen urbanizar que non tiñan servizos suficientes. Tales licenzas foron emitidas en contra do criterio da secretaria municipal. Por este motivo o alcalde, dous concelleiros da Xunta de Goberno e a arquitecta municipal están implicados nunha causa penal por prevaricación que se resolve no xulgado de Mondoñedo.

O desorde urbanístico creado por esta práctica irregular continuada e os problemas medioambientais derivados del obrigaron a que o Goberno galego suspendese no 2007 a vixencia das Normas Subsidiarias municipais de Barreiros. O Goberno aprobou tamén unha ordenación urbanística provisional que rexería mentres se redactaba un plan urbanístico acorde coa lexislación. Xunto con esta medida acordouse realizar un investimento de máis de 14 millóns de euros, a executar entre o 2010 e o 2013, que serán investinas en executar as obras de urbanización que a lei imputa ós promotores inmobiliarios pero que Fuente Parga lles eximiu de executar. Esta actuación permitirá legalizar 3.174 vivendas que quedaron paralizadas pola falta de servizos básicos e que os promotores venderan en gran parte antes de estaren rematadas.

En decembro do 2010 Xabier Díaz, promotor lucense que opera en Barreiros, entregou á fiscalía de Lugo documentos e gravacións que supostamente implican á secretaria municipal, María Antonia Martínez, en irregularidades urbanísticas. O promotor asegura que as gravacións lle chegaron a casa de remitente descoñecido. Ademais de opoñerse á concesión irregular de licenzas de obra, que finalmente foron concedidas amparadas noutros informes, no seu día Martínez informara negativamente os orzamentos municipais para os exercicios do 2006, 2007 e 2008 por considerar que había irregularidades neles.

De resultas da denuncia da Xunta, o xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo declarou ilegal a licenza concedida polo Concello de Barreiros para edificar 173 vivendas nunha urbanización en San Miguel de Reinante. O xuíz considerou que cando esa licenza foi concedida, a urbanización non dispuña dos servizos básicos para ser habitable. Outros oito contenciosos, abertos polo goberno de Emilio Pérez Touriño, contra outras tantas licenzas urbanísticas concedidas para a construción de urbanizacións (unha en San Miguel, dúas en Reinante, unha en San Cosme de Barreiros e outra en San Pedro de Benquerencia) foron arquivadas polo xulgado a petición da Xunta gobernada por Alberto Núñez Feijóo.

Nas municipais de 2011 e 2015 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta, sendo elixida como a súa sucesora no cargo Ana Ermida Igrexas (BNG).


Predecesor:
Luis Fraga Leiro
 
Alcalde de Barreiros
 
2005 - 2019
Sucesor:
Ana Ermida Igrexas

Notas

  1. www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 03/02/2012. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  2. www.ppdelugo.es, ed. (03/03/2007). "O PP aposta polo triunfo electoral en tódolos concellos da mariña central e oriental". Consultado o 18/12/2010. 
  3. AGN (08/04/2010).elprogreso.galiciae.com, ed. "A Xunta autoriza o convenio que permitirá legalizar 3.174 vivendas en Barreiros" (Html). Consultado o 18/12/2010. 
  4. SILVOSA, A. (16/12/2010).www.elpais.com, ed. "Expedientada la secretaria que se opuso a las licencias de Barreiros". Consultado o 18/12/2010. (en castelán)
  5. elprogreso.galiciae.com, ed. (14/12/2010). "A secretaria que non só toma notas". Consultado o 18/12/2010. 
  6. elprogreso.galiciae.com, ed. (09/12/2010). "O xulgado declara ilegal a licenza para 173 vivendas en San Miguel". Consultado o 18/12/2010. 
  7. VILLAPOL, P. (08/09/2010).elprogreso.galiciae.com, ed. "Arquivados provisionalmente oito contenciosos urbanísticos en Barreiros". Consultado o 18/12/2010. 
  8. Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros: «Sodes vós, o pobo, quen ordenades»

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Barreiros

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
José Alfonso Fuente Parga is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
José Alfonso Fuente Parga
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes