Joaquín Cotarelo
Quick Facts
Biography
Joaquín Cotarelo Martínez, nado Coruña o 13 de abril de 1882 e finado na mesma cidade o 14 de agosto de 1943, foi un médico e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Cotarelo Rodríguez e Dolores Martínez Brandariz. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi médico da Beneficencia Municipal e Asistencia Pública Domiciliaria na Coruña. Militante de Unión Republicana, socio desde 1912 do Casino Republicano, foi elixido concelleiro da Coruña polo Partido Republicano nas eleccións do 11 de novembro de 1917, permanecendo como concelleiro de 1918 a 1922.
Participou no pacto de Lestrobe. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de todos os cargos, foi encarcerado durante 32 meses na prisión da Coruña e posteriormente xulgado en Madrid polo Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo, foi condenado a 12 anos e un día no penal de Burgos.