Jacinto Santiago
Quick Facts
Biography
Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.
Traxectoria
Foi mestre da Escola Normal e da Escola de Artes e Oficios de Ourense, onde entrou como profesor de Matemáticas en 1925.
No ano 1919 xa comezara a publicar nos semanarios La República e La Zarpa, do que chegou a ser director, canda Roberto Blanco Torres. Cando reaparece La República en 1930, convértese no seu primeiro director. Tamén colaborou con distintos medios de prensa.
Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ourense o 7 de agosto. De aí levárono a Celanova. O 1 de novembro sacárono da prisión para fusilalo en Vilariño Frío (Montederramo), onde finou, non se sabe se a consecuencia dos disparos ou dun ataque ao corazón momentos antes de ser fusilado.