Irnatius Akawi
Quick Facts
Biography
Irnatius Akawi (en árabe: إغناطيوس عكاوي), nado en 1820 en Dair al-Qamar e finado o 7 de agosto de 1870, foi un eclesiástico melquita, arcebispo de Busra e Hauran, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
Naceu en Dair al-Qamar en 1820, aínda que algunhas fontes notan como lugar de nacemento Acre, probablemente por mor da súa labor pastoral. Realizou os seus estudos no mosteiro do Santo Salvador de Xun, e en 1837 entrou na Orde Basiliana do Santísimo Salvador. En 1844 foi ordenado sacerdote por Kirilus Fasfus, e posteriormente foi párroco en Sahla e en Acre.
O 21 de novembro de 1859 foi nomeado arcebispo de Busra e Hauran, cun territorio que abranguía partes das actuais Siria e Xordania. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Clemente I Bahuz o 22 de novembro. Xunto ao bispo de Acre Yusif axudou a unir á súa orde, internamente dividida. O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado asistente ao trono pontificio.
En 1868 foi galardoado coa Orde de Mecidiye polo sultán Abdülaziz. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Finou no cargo o 7 de agosto de 1870.
Notas
- ↑ Tamén citado como Accani, Akkawi, Hakkani.
- ↑ Patelos, Constantin G. (1981). Vatican I et les évêques uniates: une étape éclairante de la politique romaine à l'égard des orientaux, 1867-1870. Collège Erasme. p. 341.
L'archevêque de Bosra et Hawran, Mgr Ignace Akkawi
- ↑ Annuario pontificio per l'anno 1863 (en italiano). 1863. p. 165.
Hauran, r. Greco-Melchita. Hauranan. Melchitarum. Siria. Ignazio Accani, n. in Acri nel 1820, p. nel 1860.
- ↑ Les Pères du concile du Vatican: biographie illustrée complète de tous les pères du concile. Administration du Concile Illustré. 1870. p. 24.
Mgr. Ignace AKANNI, né à Saint-Jean-d'Acre en 1820, élu en 1860, évêque d'Hauran, du rite grec-melchite, nommé prélat assistant au trône pontifical le 17 juin 1867.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 3.
Akkani Ignazio dei Basiliani, Arcivescovo di Hauran (Rito Melchita).