peoplepill id: inma-lopez-silva
Escritora galega
Inma López Silva
The basics
Quick Facts
Intro
Escritora galega
Places
is
Work field
Gender
Female
Place of birth
Santiago de Compostela
Age
46 years
The details (from wikipedia)
Biography
Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade, é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É membro do consello de redacción de Dorna. Vencellada politicamente con Compromiso por Galicia concorreu con esa formación nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 e ao Parlamento Europeo de 2014.
É profesora na Escola Superior de Arte Dramática.
Obra
Narrativa
- Rosas, corvos e cancións (2000, Galaxia).
- Concubinas (2002, Xerais). Traducida ao castelán en 2009, na editorial Ámbar (Barcelona).
- Neve en abril (2005, Galaxia).
- Non quero ser Doris Day (2006, Biblos Clube).
- New York, New York (2007, Galaxia). Traducida ao castelán en 2008, na editorial El Andén (Barcelona).
- Memoria de cidades sen luz (2008, Galaxia).
- Tinta (2012, Galaxia).
- Aquel día en que eramos malas (2016, Galaxia).
Ensaio
- A recepción do teatro galego contemporáneo (1990-2000) (2003, Universidade de Santiago de Compostela).
- Teatro e canonización: a crítica teatral na prensa periódica galega (1990-2000) (2005, Tris Tram).
- Maternosofía (2014, Galaxia).
- Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego (2016, Universidade de Santiago/Xunta de Galicia).
Traducións
- Calígula. O malentendido, de Albert Camus (2009, Galaxia).
- As criadas. O balcón, de Jean Genet (2010, Galaxia).
Obras colectivas
- VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta 1998 (1999, Concello do Grove).
- Mini-relatos, (1999, Libraría Cartabón).
- Caso Torneiro: 1898-1975, en Narradoras (2000, Xerais).
- Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia (2002, Galaxia). Con Dolores Vilavedra.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
- Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
- Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (2009, Difusora). Con Xosé Luís Méndez Ferrín e Roberto Pascual.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo).
Premios
- Premio Rúa Nova no 1996, por Neve en abril, ambientada na guerra civil española.
- 2º premio Modesto R. Figueiredo no 1998, por Cartas que viñan de alén mar.
- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1998, por Canción de amor india.
- Premio Xerais no 2002, por Concubinas.
- Premio Manuel Murguía no 2005, por Aqueles que retratan o vento.
- Finalista do VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2006, por Non quero ser Doris Day.
- Premio Blanco Amor no 2007, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio á mellor obra de narrativa da AELG no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio de 'Creación Literaria' da Fundación Ínsua dos Poetas no 2016.
- Premio Antón Losada Diéguez no 2017, por Aquel día en que eramos malas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina da autora en Galaxia
- Ficha da autora en Xerais
- Inma López Silva na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Inma López Silva is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Inma López Silva