Hodge Malek
Quick Facts
Biography
Hodge Mehdi Malek, nado en Londres o 11 de xullo de 1959, é un xurista e numismático británico.
Traxectoria
Hodge Malek cursou estudos de Dereito, dos que se diplomou na Universidade Sorbona de París en 1978. En 1981 acadou o mestrado en Xurisprudencia na Universidade de Oxford e un ano máis tarde o trítulo de Bachelor en Dereito Civil na mesma universidade.
É avogado desde 1983 e membro do Colexio de Avogados das Illas Virxes Britránicas. A súa experiencia como avogado céntrase no dereito comercial internacional.
Paralelamente ao seu labor como xurista, Malek é un estudoso da numismática do mundo islámico, e centra as súas investigacións e as súas publicacións na economía monetaria e na moeda dos Abásidas e dos árabe-sasánidas.
Vida persoal
En 1986, Malek casou con Inez Dies Vegelin Van Claebergen, con quen tivo tres fillos.
Recoñecementos
- (1997): Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres.
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Hodge Malek en materia numismática.
- (2004). The Dābūyid Ispahbads and early 'Abbāsid governors of Tabaristān : history and numismatics. Special Publications. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 9780901405838
- (2019). Arab-Sasanian Numismatics and History during the Early Islamic Period in Iran and Iraq. 2 vols. Special Publications. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 978-0-90140-594-4
Notas
- ↑ "Malek, Hodge Mehdi". Who'sWho 2022.
- ↑ "Hodge MehdiMalek". Prabook.com
- ↑ "Hodge Malek QC". Three Verulam Buildings Barristers.
- ↑ "Hodge Malek". Hodghemalek.academia.edu
- ↑ Kampmann, U. (2019). "Arab-Sasanian Coins: The New Standard Reference". En Coins Weekly. 13 de febreiro de 2020."Arab
- ↑ "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Malek, Hodge Mehdi Arquivado 19 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Malek, Hodge M.". WorldCat Identities.
- ↑ "Hodge Malek". Academia.edu