Hixinio Cambeses
Quick Facts
Biography
Hixinio Cambeses Carrera, nado en Antas (A Lama) en 1900 e finado en Pontevedra o 21 de febreiro de 1949, foi un director de banda e compositor galego.
Traxectoria
De formación autodidacta fundou na súa parroquia natal a Banda Celta Infantil para a que compuxo diversas obras, ademais de arranxos de temas populares. Máis tarde dirixiu a Banda de Cuntis, e foi pioneiro na intrudución da gaita nunha banda de música. En 1932 dirixiu a Agrupación Musical de Ordes promovida por Manuel Sousa Hermida e en 1933 a Banda de Viveiro, e alí tamén deu clases no conservatorio local. De ideoloxía republicana ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou en Viveiro unha Comisión de Axuda aos Presos na localidade que axiña disolveu o comandante militar, ao pouco detivérono, condenado en 1941 a pagar unha multa de 250 pesetas. Entre 1943 e 1948 volveu dirixir a Banda de Cuntis, encargándose da Banda de Padrón en 1948. En Cuntis intentou rematar coa súa vida, sen conseguilo, e logo de transladalo ao Hospital Provincial de Pontevedra aforcouse.
Como compositor escribiu máis de duascentas pezas, entre as que salientan A noite do Santo Cristo, Una vez en La Habana, Nosa Terra, ¡Adiós, para siempre!, Zumba Loureiro, ¡Ard’o eixo carballeira!, Cantigas d'a ría, E si mo deches foy no muiño, Flores de la calle ou Una tarde en Zaragoza.
Notas
- ↑ María Erundina Louro Justo "Hixinio Carrera Cambeses, un Sancho con xestos de Quixote" pontevedraviva.com, 18 de maio de 2015
- ↑ Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte". Xerais: Vigo, p. 591