peoplepill id: hermenexildo-amoedo-carballo
HAC
Spain
2 views today
18 views this week
Hermenexildo Amoedo Carballo

Hermenexildo Amoedo Carballo

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Hermenexildo Amoedo Carballo, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1747 e finado en Mantua (Italia) o 24 de decembro de 1811, foi un relixioso e poeta galego.

Traxectoria

Estudou na Compañía de Xesús de Pontevedra canda a José Francisco de Isla, e ingresou na compañía en decembro de 1762. Logo da expulsión da orde de España por parte do rei Carlos III en 1767, ambos os dous marcharon a Italia.

En 1787 publicou en Boloña a obra Carmen patrium sive Pontevedra, escrita en latín en romance con 429 versos hendecasílabos. Foi reeditada en 1788 en Santiago de Compostela.
A peza, adicada a Sebastián Malvar Pinto (tamén pontevedrés, e arcebispo de Santiago de Compostela), foi traducida ao galego por Xoán Manuel Pintos e incluída na súa obra A gaita gallega (en 1853). Nesta obra narra a morriña pola súa cidade natal, Pontevedra, que deixara no ano 1762. É descrición bastante detallada da Boa Vila no seu tempo.

Foi preso por non prestar xuramento a Xosé Bonaparte, rei de Nápoles, como o resto dos xesuítas. Eles segundo as súas normas non poden prestar xuramento de obediencia e ninguén agás ao Papa e ao xeneral da Compañía. Morreu na cadea de Mantúa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Amoedo Carballo, Hermenexildo" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 52, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
  •  
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Hermenexildo Amoedo Carballo is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Hermenexildo Amoedo Carballo
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes