peoplepill id: henrique-rabunal
HR
Spain
7 views today
8 views this week
Henrique Rabuñal

Henrique Rabuñal

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Henrique Manuel Rabuñal Corgo
Places
Gender
Male
Place of birth
Pastoriza, Arteixo, Arteixo, A Coruña Province, Galicia
Age
62 years
The details (from wikipedia)

Biography

Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un escritor e crítico literario galego.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo posteriormente o doutoramento. A súa tese doutoral foi publicada en 1994 co título Textos e Contextos do Teatro Galego (1671-1936). Esta obra converteuno definitivamente nun dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego, se ben xa dera a coñecer esta súa faceta en 1988, durante a celebración do II Congreso Internacional de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa (organizado pola AGAL), ao cal acudiu co traballo: “Contribuçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no río Miño”.

Nacionalista galego, Henrique Rabuñal traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da cal é directivo a día de hoxe. Actualmente, exerce como profesor de lingua e literatura no IES Agra do Orzán, da Coruña, e na Universidade da Coruña. Henrique Rabuñal cultivou os xéneros da narrativa, poesía, ensaio e teatro; sendo talvez máis coñecido pola creación realizada nos tres últimos.

Obra

Narrativa

  • Epistolario em catro tempos (1985, Edicións do Castro).
  • A fariña das horas (1998, Espiral Maior).
  • Susana Mourelle Troitín (2002, edición en internet).
  • Ollos negros (2004, Espiral Maior).

Poesía

  • Paixom e morte dum condenado (1984, Edicións do Castro).
  • Poemas da luz e da loucura (1992, Espiral Maior).
  • O tempo demorado nos marmelos (2000, Espiral Maior).
  • O cristal da sede (2006, Espiral Maior).

Teatro

  • A Noite da Noites (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Desesperados (1990).
  • Oratio Mare (O Cântico de Orfeu) (1992).
  • Mumias no País de Luzetro (2000, Xunta de Galicia).
  • Teatro incompleto (2009, Laiovento).

Ensaio

  • Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994, Laiovento).
  • A Coruña na historia (1999, A Nosa Terra).
  • Manuel Martínez Murguía (1999, A Nosa Terra).
  • Manuel Murguía (1999, Laiovento). Traducido ao castelán no 2006, en Laiovento, por Xosé Manuel Fernández Costas.
  • Jenaro Marinhas del Valle. A vida escura (2000, Laiovento).
  • O Padre Sarmiento. Arquivo da Lingua e Cronista da Patria (2002, Espiral Maior).
  • Palabra e Patria (2005, Laiovento).
  • La primera luz, de Manuel Murguía.
  • Manuel Lugrís Freire (2006, A Nosa Terra).
  • Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta (2008, Laiovento).
  • O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009, Universidade da Coruña).

Edicións

  • O marinheiro, de Fernando Pessoa (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).

Homenaxes e obras conxuntas

  • Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982 (1983, AGAL. 2ª edición en 1989).
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • VI Festival da Poesia no Condado (1986, S. C. D. Condado).
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1986, AGAL).
  • As Weissleiver, en Concurso de Cuentos Galaico-Leonés (1987, Casa de Galicia de León).
  • Homenagem ao Professor Carvalho Calero (1987).
  • Muralla de Crescórnio (1989).
  • A severa sinagoga, en Fogo cruzado (1989, AGAL).
  • O mar de adentro (1990, Edicións do Dragón).
  • Carlos Casares, Ilustrísima: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas.
  • Luz Pozo Garza: Códice Calixtino: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas.
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Palabras airadas (1998, Laiovento).
  • Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (2000, Concello de Arteixo). Con Felipe Senén e Xosé Ramón Barreiro.
  • Manuel Murguía e Arteixo (2000, Espiral Maior).
  • Tecendo Panos (2000, Laiovento).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Negra Sombra. Intervención Poética contra a Marea Negra (2003, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Vivir na Coruña: unha forma de habitar a cidade (2010, Concello da Coruña). Con fotografías de Xurxo Lobato.
  • O Banco da Xente, en Banqueiros (2012, Laiovento).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • As Irmandades da Fala (1916-1931) (2016, Laiovento).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios

  • 1º Premio do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1984, por A Noite das Noites.
  • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por 80 centímetros cúbicos.
  • Premio Carvalho Calero no 1998, por Manuel Murguía.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Henrique Rabuñal is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Henrique Rabuñal
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes