peoplepill id: gumersindo-placer
GP
Spain
2 views today
2 views this week
Gumersindo Placer

Gumersindo Placer

The basics

Quick Facts

A.K.A.
Frei Gumersindo Placer
Places
Gender
Male
Birth
Death
Age
89 years
The details (from wikipedia)

Biography

Frei Gumersindo Placer López, nado en Pontedeume en 1904 e finado en Madrid en 1993, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria

Aos trece anos ingresa no convento dos mercedarios de Poio. Ordenado sacerdote en 1928, exerceu como profesor de humanidades e catequista en Poio, onde colaborou na revista Logos. Posteriormente exerceu a docencia en Herencia (Cidade Real) e Ferrol. Participou na fundación das revistas Estudios e La Merced.

Foi elixido membro non numerario da Real Academia Galega en 1940. En outubro de 1943 ingresa como capelán de prisións, estando destinado como tal en Carabanchel e Pontevedra.

En 1977 foi nomeado fillo adoptivo de Pontedeume e déuselle o seu nome a unha rúa da vila.

Obras

  • Crónicas de mi rincón natal sobre as súas lembranzas de Pontedeume.
  • Bibliografía Mercedaria voluminosa obra de tres tomos.
  • Poemarios: Do mar e da terra e Algas, adicado ao entorno eumés.
  • Novelas: O club dos catro e Lembranzas dun frade.
  • Ensaios: A espiritualidade do cancioneiro da vaticana, Un subtema rosaliano, O suicidio e Dez Biografías breves de Santos Galegos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Biografía de Gumersindo Placer no artigo de Carlos de Castro Álvarez, Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume, páxs. 46 e 47, do nº 11 (2004) da revista Cátedra.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Gumersindo Placer is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Gumersindo Placer
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes