peoplepill id: gumersindo-placer
Gumersindo Placer
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Frei Gumersindo Placer López, nado en Pontedeume en 1904 e finado en Madrid en 1993, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
Aos trece anos ingresa no convento dos mercedarios de Poio. Ordenado sacerdote en 1928, exerceu como profesor de humanidades e catequista en Poio, onde colaborou na revista Logos. Posteriormente exerceu a docencia en Herencia (Cidade Real) e Ferrol. Participou na fundación das revistas Estudios e La Merced.
Foi elixido membro non numerario da Real Academia Galega en 1940. En outubro de 1943 ingresa como capelán de prisións, estando destinado como tal en Carabanchel e Pontevedra.
En 1977 foi nomeado fillo adoptivo de Pontedeume e déuselle o seu nome a unha rúa da vila.
Obras
- Crónicas de mi rincón natal sobre as súas lembranzas de Pontedeume.
- Bibliografía Mercedaria voluminosa obra de tres tomos.
- Poemarios: Do mar e da terra e Algas, adicado ao entorno eumés.
- Novelas: O club dos catro e Lembranzas dun frade.
- Ensaios: A espiritualidade do cancioneiro da vaticana, Un subtema rosaliano, O suicidio e Dez Biografías breves de Santos Galegos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Biografía de Gumersindo Placer no artigo de Carlos de Castro Álvarez, Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume, páxs. 46 e 47, do nº 11 (2004) da revista Cátedra.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Gumersindo Placer is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Gumersindo Placer