peoplepill id: guillermo-llorca
GL
Spain
4 views today
5 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
75 years
The details (from wikipedia)

Biography

Guillermo Llorca Freire, nado en Ferrol en 1950, é un historiador e escritor galego, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Exerceu como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Sofía Casanova de Ferrol ata o ano 2011 no que se xubilou.

Traxectoria

Como historiador ten unha extensa obra de investigación e divulgación, amplamente publicada en libros, revistas e xornais. Ten feito tamén achegas á didáctica da Xeografía e da Historia, en diversas publicacións e como conferenciante. Un gran número de artigos ilustran nos xornais a súa vocación de xornalista. Destaca a súa gran dedicación á historia de Ferrol e dos ferroláns. No campo do audiovisual foi director e guionista de varios vídeos didácticos, premiados en diversos certames. A súa obra no eido da literatura está representada por libros de relatos. Formou parte dos consellos de redacción das revistas Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, FerrolAnálisis e Deceme. Revista de Historia e Ciencias Sociais.

Entre a súa extensa obra podemos destacar:

Colaboracións na Gran Enciclopedia Gallega en temas de Historia e temas relativos a persoeiros ferroláns.

Ten publicado artigos nos xornais Ferrol Diario, Norte de Galicia, La Voz de Galicia, Diario 16 e Diario de Ferrol.

Investigacións súas teñen aparecido nas revistas Cuadernos do Ateneo Ferrolán, Galicia 10, Ingenium, FerrolAnálisis e Concepción Arenal.

Entre os seus libros, sobre cuestións históricas podemos citar: Ferroláns, Ferroláns en Cuba, Historia da prensa ferrolá, Los partidos políticos en Ferrol durante la II república. No eido literario publicou: Relatos para ver mundo, O túnel da Malata e outros relatos do tren.

Foi membro fundador, directivo e presidente do Ateneo Ferrolán.

Publicacións

En revistas

Entre estes traballos poderíamos destacar:

  • Os Ateneos Ferroláns na súa Historia, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 3.
  • O dique da Campá de Ferrol. A máis importante obra hidraulica da Galicia do XIX, en Ingenium nº 2.
  • Concepción Arenal e Hispanoamérica. Pegadas dunha presencia, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 9.
  • Ferrolterranos na emigración americana. O seu papel na educación, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 10.
  • Orígen del Patronazgo de San Julián sobre la ciudad de Ferrol, (Premio Ingeniero Comerma do Concello de Ferrol), en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades nº VI.
  • Los partidos políticos durante la II República, (Premio de Investigación Jaime Quintanilla Martínez do Concello de Ferrol) en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades (monografía).
  • Concepción Arenal. Cinco momentos na súa memoria, en Cuadernos FerrolAnálisis 1993.
  • A ilusión das América, en Xurdimento nº 11.
  • A alimentación como sinal de identidade da emigración galega, en Xurdimento nº 14.
  • O asociacionismo ferrolán en Bos Aires, en Xurdimento nº 15.
  • Juan García Niebla. A pedagoxía ó servicio do cidadán, en Idea nº 6.

Libros publicados

Xeografía e Historia

No eido da investigación e dibulgación histórica e xeográfica:

  • Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais, en Novo Sécula, Barcelos-Portugal, 1992. ISBN. 84-87777-12-0.
  • Historia da prensa ferrolá, en Edicións do Castro, Sada 1993. ISBN 84-7492-674-2.
  • Ferroláns, en Edicións Embora, Betanzos 1996. ISBN 84-930143-2-X.
  • Ferroláns en Cuba, en Edicións Embora, Pontedeume 1997. ISBN 84-930143-4-6.
  • Guías turísticas do Concello de Ferrol, Ferrol 1998.
  • O 10 de marzo no contexto da prensa obreira de Ferrol, en 10 de Marzo, órgano de comisións obreiras de Ferrol, edición facsímile, Santiago 1999. ISBN 84-930595-0-1.
  • Francisco Iglesias Brage: no centenario do seu nacemento, Concello de Ferrol- LaCaixa, 2000. ISBN 84-923163-0-6.
  • Ferrol no patrimonio mundial, Concello de Ferrol 2002. D.L.:C-232/2002.
  • Ferrol: Memoria da vida cotiá, ISBN 84-921363-5-9.
  • Ferrolanos en la Argentina, Editor Pablo Zaera Silvar, Betanzos 2012.
  • La Ibense: Una heladería artesana en Ferrol, en Edicións Embora, Ferrol 2012.
  • Cen anos do ferrocarril Ferrol-Betanzos, en Edicións Embora, Ferrol 2013. ISBN 978-84-92644-70-4.
  • Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Muíño do Vento, 2015. ISBN 978-92-0-140448-0

Literatura

No eido literario:

  • Relatos para ver mundo, en Edicións Embora, Betanzos 2002 ISBN 84-95460-22-X.
  • O túnel da Malata, e outros relatos do tren, en Ediciones de la librería del campus, Narón 2005. ISBN 84-921363-4-9.

Publicacións colectivas

Publicou, xunto con outros autores, entre outros, os seguintes libros:

  • Camiños de Ferrolterra, Pontedeume, Mancomunidade de Ferrol, 1982.
  • Traballos prácticos de Xeografía, Santiago, Obradoiro de Educación, 1982.
  • Ferrol, su historia, sus gentes, 1986.
  • A Historia das Civilizacións a través do cine, Dirección Xeral de Ensinanzas Medias, proxectos de innovación educativa, 1988.
  • Ferrol a través dos textos históricos e literarios, 1990.
  • Referencias periodísticas, históricas e literarias sobre a cidade de Ferrol, 1995.
  • Historia de Ferrol, 1998.
  • Ferrol cidade da ilustración, 2005.
  • Sede de la Fundación Caixa Galicia. De fábrica ilustrada a referente socio-cultural, 2006.
  • Ferrol: 150 anos de cidade, 2009.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Guillermo Llorca is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Guillermo Llorca
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes