Guillerme Fernández
Quick Facts
Biography
Guillerme Fernández García, máis coñecido como Guillerme Fernández, nado en o 6 de febreiro de 1969 en Vilagarcía de Arousa, aínda que criado na vila de Nigrán, é guitarrista, compositor e produtor musical.
Traxectoria
Foi membro fundador do grupo Berrogüetto, e parte integrante doutros proxectos paralelos con Xabier Díaz, Espido con Guadi Galego, ou o traballo conxunto aCadaCanto con Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero.
Xunto con Xabier Díaz codirixe o programa Tres peixes voando dende o ano 2006, na Radio Galega.
Con Ricardo de Barreiro presentou en 2013 o espectáculo escénico Sobre o desamor e outras mariconadas.
Traballou coa compañía de teatro Contraproducións na composición da banda sonora de catro espectáculos teatrais:
- O tolleito de Inishmann, baixo a dirección de Cándido Pazó, 2016.
- Nacidas libres, baixo a dirección de Cristina Domínguez, 2017.
- Fillos do sol, baixo a dirección de Cándido Pazó, 2017.
- A compañeira de piso, con texto de Jen Silverman adaptado por Lilian Portela, dirección de Belén Pichel e Cándido Pazó, 2019.
Tamén compón música para publicidade, a destacar as seguintes campañas da empresa alimentaria Vegalsa: Nadal 2017, Verán 2018 e Nadal 2018.
É integrante do grupo De Vacas e forma parte da banda de directo de Guadi Galego.
Traballos publicados
- Con Berrogüetto
- Navicularia, 1996.
- A cantar con Xabarín, 1998.
- Cantigas de Nadal, 1999.
- Viaxe por Urticaria, 1999.
- Hepta, 2002.
- 10.0, 2006.
- Kosmogonías, 2010.
- O pulso da terra, 2011.
- Con Guadi Galego
- Espido, 2005.
- Benzón, 2009.
- Con Xabier Díaz
- Músicas de salitre, 2005.
- Arrolos de salitre, 2011.
- Con Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero
- aCadaCanto, 2012.
- A rosa d'Adina, 2013, Músicas de Salitre.
- Outros traballos colectivos
- Circo Montecuruto, de Os Cempés, 2001.
- Zume de terra, de Xosé Manuel Budiño, 2004.
- Canta connosco!, do grupo Migallas.
- VI Edición de Cantos na maré, 2008.
- A nena e o grilo, de Magín Blanco, 2010.
Premios
- Con Berrogüetto
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
- Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
- Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
- Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.
- Premio Martín Códax da Música ao mellor grupo na categoría Folque no 2013.
- Premio á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo coa película Inevitable no 2014.
- Con Espido
- Premio La Opinión outorgado pola crítica especializada ao segundo mellor álbum galego do 2006, por Espido.
- Con Músicas de salitre
- Premio La Opinión outorgado pola crítica especializada ao terceiro mellor álbum galego do 2006, por Músicas de salitre.
- Finalista na categoría de mellor canción en galego nos Premios da Academia da música pola canción "Pedra de sal", do álbum Músicas de salitre no 2006.
- Con aCadaCanto
- Premio Martín Códax da Música 2014 ao mellor grupo na categoría de Canción de autor.
- Con De Vacas
- Premio Martín Códax da Música 2016 ao mellor grupo na categoría de Coros e Grupos vocais.
- Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Castela-León (Ciudad Rodrigo) 2018 polo espectáculo "Tour Vacanal 2018", por destacar o percorrido que as artes escénicas fan en favor da igualdade.
Notas
- ↑ "Sobre o desamor e outras mariconadas". YouTube.
Véxase tamén
Bibliografía
- Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Editorial Galaxia.