peoplepill id: goretti-sanmartin-rei
GSR
Spain
10 views today
11 views this week
Goretti Sanmartín Rei
Spanish politician

Goretti Sanmartín Rei

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish politician
A.K.A.
Goretti Sanmartín
Places
Work field
Gender
Female
Place of birth
A Estrada
Age
60 years
The details (from wikipedia)

Biography

Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada o 6 de xullo de 1964, é unha filóloga, escritora e política galega.

Traxectoria

Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e sobre a época das Irmandades da Fala.

É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.

En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.

Formou parte das listas do BNG ao concello de Santiago nas eleccións municipais do ano 2015, como número dous, saíndo elixida concelleira. Tras o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG para a Deputación da Coruña, foi elixida Vicepresidenta e Voceira do ente provincial.

Obras

Ensaio

  • Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936), 2002.
  • Os (pre)textos galegos (1863-1936), 2002, Sotelo Blanco.
  • Nos camiños do entusiasmo, 2009, Xerais.
  • Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco, 2012, Universidade da Coruña.

Edición

  • O Teatro de Xan da Cova: La Galiciana e María Pita, 2002, Universidade da Coruña.
  • A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para a ópera, de Ramón Cabanillas, 2002, Universidade da Coruña.

Obras colectivas

  • A lingua literaria galega no século XIX, 2005, Universidade da Coruña.
  • Criterios para o uso da lingua, 2006, Universidade da Coruña.
  • Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Villar Ponte, 2006, Fundación Caixa Galicia.
  • Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Volume I, 2006, Deputación de Lugo.
  • Sobre a calidade da nosa lingua, 2007, Universidade da Coruña.
  • Lingua e futuro, 2010, Laiovento.
  • Unha outra guía para a intervención lingüística, 2011, Universidade da Coruña.
  • Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía.

    Premios

    • XIX Premio Ánxel Fole.

    Notas

    Véxase tamén

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Goretti Sanmartín Rei is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Goretti Sanmartín Rei
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes