Goretti Sanmartín Rei
Quick Facts
Biography
Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada o 6 de xullo de 1964, é unha filóloga, escritora e política galega.
Traxectoria
Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e sobre a época das Irmandades da Fala.
É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.
En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.
Formou parte das listas do BNG ao concello de Santiago nas eleccións municipais do ano 2015, como número dous, saíndo elixida concelleira. Tras o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG para a Deputación da Coruña, foi elixida Vicepresidenta e Voceira do ente provincial.
Obras
Ensaio
- Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936), 2002.
- Os (pre)textos galegos (1863-1936), 2002, Sotelo Blanco.
- Nos camiños do entusiasmo, 2009, Xerais.
- Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco, 2012, Universidade da Coruña.
Edición
- O Teatro de Xan da Cova: La Galiciana e María Pita, 2002, Universidade da Coruña.
- A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para a ópera, de Ramón Cabanillas, 2002, Universidade da Coruña.
Obras colectivas
- A lingua literaria galega no século XIX, 2005, Universidade da Coruña.
- Criterios para o uso da lingua, 2006, Universidade da Coruña.
- Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Villar Ponte, 2006, Fundación Caixa Galicia.
- Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Volume I, 2006, Deputación de Lugo.
- Sobre a calidade da nosa lingua, 2007, Universidade da Coruña.
- Lingua e futuro, 2010, Laiovento.
- Unha outra guía para a intervención lingüística, 2011, Universidade da Coruña.
- Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía.
Premios
- XIX Premio Ánxel Fole.