peoplepill id: francisco-taxes
FT
Spain
3 views today
4 views this week
The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Francisco Manuel Taxes Prego, nado na Coruña o 26 de xullo de 1940 e finado o 19 de febreiro de 2003, foi un dramaturgo galego do nomeado Grupo de Ribadavia ou Grupo Abrente.

Traxectoria

A comezos dos anos setenta fundou -e participou nas súas anovadoras iniciativas- os colectivos coruñeses de arte experimental A Carón e Galga xunto con outros escritores e artistas como Xavier Seoane, Manuel Rivas, Alberto Carpo, Xaime Cabanas ou Correa Corredoira.

En 1975, nas III Xornadas do Cine en Ourense, o Tribunal de Orden Público requisou a curta dirixida por Miguel Gato e baseada nun conto homónimo de Taxes, A tola, converténdoa dese xeito nun "mito iniciático" do cinema galego.

En 1976 fixo o guión da curtametraxe O cadaleito, dirixida por Enrique Baixeras con Fernando Trueba como axudante de dirección. Baseado no relato de Ánxel Fole "A caixa do morto", acadou un grande éxito de crítica e público; a cinta viaxou a Italia (festival de Pessaro) e atinxiu o Premio Mikeldi de Plata no XVIII Certamen Internacional de Cine Documental y Cortometrajes de Bilbao (1977).

En 1978, coa exitosa montaxe de O velorio (escrita en 1971), o grupo de teatro profesional Troula, do que Taxes foi cofundador, abriu un novo camiño para o teatro galego, o da profesionalización.

Colaborou en revistas como Man Común, Teima ou Luzes de Galiza e nos xornais A Nosa Terra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Traballou na radio (cómpre sinalar a dirección e presentación do programa cultural O Láparo Cavileiro para Radio Catro/RNE) e televisión (por exemplo o magazine da TVG Bazar Fin de Semana).

No eido da narrativa cultivou maiormente o relato curto. En 1973 gañou o primeiro premio no concurso de literatura infantil O Facho co conto "O Choniño".

Obra

  • O velorio (1971; publicada en 2002 por La Voz de Galicia-Edicións Xerais). Representada por Troula con dirección de Antonio Simón en 1978, e polo Centro Dramático Galego con dirección de Antonio Simón en 2003.
  • Lenta raigame (1979; publicada en 1982 por Edicións do Castro). Representada por Andrómena con dirección Eduardo Alonso en 1979.
  • Casta i Albito (1980; editada en 2004 por Biblos). Representada no marco dun acto de lembranza artellado por Biblos Clube de Lectores no primeiro cabodano do seu pasamento, con dirección de Ánxela G. Abalo en 2004.
  • Caderno de bitácora. Comedia estupenda (1985). Representada polo CDG con dirección de Antonio Simón en 1985.
  • Elas (1997)

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Francisco Taxes is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Francisco Taxes
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes