Francisco Calo Lourido
Quick Facts
Biography
Francisco Calo Lourido, nado en Porto do Son en 1948, é un antropólogo e arqueólogo galego.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos, ensinando actualmente no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC.
É patrón do Museo do Pobo Galego, do que foi secretario da Xunta Reitora, correspondente da Real Academia Galega, membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outras entidades.
Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía, traballando en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixindo as escavacións e consolidación do Castro de Baroña.
Obra en galego
Ensaio
- As artes de pesca, 1980, Museo do Pobo Galego.
- A cultura castrexa, 1993, A Nosa Terra.
- Os habitantes dos castros, 1994, A Nosa Terra.
- A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa, 2 tomos, 1994, Fundación Barrié.
- Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes, 1996, A Nosa Terra.
- Castro de Baroña, 1997, Concello de Porto do Son.
- Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, 2010, Xerais.
Narrativa
- Salseiros, 2001, Espiral Maior.
Edicións
- Memoria sobre la pesca de sardina en las costas de Galicia, de Xosé Cornide, 1997, Consello da Cultura Galega.
Obras colectivas
- Estudos de cultura castrexa e de historia antiga de Galicia, 1983, Universidade de Santiago.
- Castro de Baroña : campañas 1980-1984, 1986, Xunta de Galicia.
- Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
- Antropoloxía mariñeira: actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, 1998, Consello da Cultura Galega.
- Fainas do mar: vida e trabalho no litoral norte, 1999, Centro Regional de Artes Tradicionais, Porto.
- Pontevedra e o mar. Simposio de Historia Marítima do século XII ao XVI, 2003, Concello de Pontevedra.
- Caras de Pontevedra, 2005, A Nosa Terra.
Obra en castelán
Ensaio
- La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son, 1978, Universidade de Santiago.
Obras colectivas
- La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia, 1996, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Premios
- Premio Antón Losada Diéguez no 2011, por Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia.