peoplepill id: fiz-vergara-vilarino
FVV
Spain
3 views today
4 views this week
Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla do concello lugués de Samos o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.

Traxectoria

Dende rapaz sufriu distonía muscular provocada por unha caída na casa. Estudou o bacharelato en Lugo onde se relacionou literariamente con Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel e Claudio Rodríguez Fer, para deseguida volver á súa aldea natal, onde residiu na casa paterna, adicado unicamente á literatura.

Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina desde Orfo de ti en terra adentro (1976).

Estudosos da súa obra son Xosé María Álvarez Cáccamo, Xesús Alonso Montero, Paco Martín, Antón Tovar, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel María, Carlos Casares ou Lois Celeiro.

Obras

Poesía

  • Pra vós (1971, Celta, Lugo), prologado por Xesús Alonso Montero.
  • Encontro cos tiburós (1973, Xistral, Monforte de Lemos).
  • Orfo de ti en terra adentro (1976, Akal, Madrid).
  • Poeta muiñeiro á deriva (1982, Xerais, Vigo), con tapa e debuxos de Laxeiro.
  • Nos eidos da bremanza (1990, Galaxia, Vigo).
  • Pastora de sorrisos (1993, Sons Galiza, Lugo), con limiar de Xavier Rodríguez Barrio.
  • O mundo de Fiz: escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño (1995, Citania, Lugo). Por Xavier Rodríguez Barrio e Darío Xohán Cabana.
  • Animal sen fel (póstuma, 1998, Espiral Maior), con limiar de Xulio López Valcarcel.

Obras colectivas

  • Os novísimos da poesía galega (1973, Akal).
  • Cravo fondo (1977, Follas Novas).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).

    Premios

    • Meigas e Trasnos de Sarria, en 1972 e 1973.
    • 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1979, por Historia dunha castaña chamada Muxica.
    • 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1981, por Unha gaivota en terra adentro.
    • Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 1991, por Nos eidos da bremanza.

    Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

    Na honra do poeta, o Concello de Sarria convoca dende o ano 2000 o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño para composicións inéditas escritas en lingua galega.

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    •  

    Ligazóns externas

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Fiz Vergara Vilariño is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Fiz Vergara Vilariño
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes