peoplepill id: filomena-marona-beja
FMB
Portugal
3 views today
3 views this week
Filomena Marona Beja
Portuguese writer

Filomena Marona Beja

The basics

Quick Facts

Intro
Portuguese writer
Places
Work field
Gender
Female
Place of birth
Lisbon, Portugal
Age
80 years
Education
University of Lisbon
The details (from wikipedia)

Biography

Filomena Marona Beja, nada en Lisboa o 9 de xuño de 1944, é unha escritora portuguesa.

Traxectoria

Alumna do Lycée Français Charles Lepierre e da Faculdade de Ciências da Universidade Clássica de Lisboa, onde se licenciou. Foi profesional da área da documentación técnico-científica ata 2008 na área de Arquitectura e Construcións Escolares, primeiro no Ministério das Obras Públicas, despois no Ministério da Educación. Neste terreo, desenvolveu estudos de rigorosa investigación, e é autora de varios traballos na área dos espazos escolares e outros equipamentos educativos.

Non foi ata o final dos anos 90 que comezou a súa carreira de narradora. Filomena Marona Beja estreouse na novela conAs Cidadãs (1998), libro que transporta o/a lector/a para a Lisboa do inicio do século XX e cuxa reedición, en 2009, coincidiu coas conmemoracións do centenario da implantación da República.

Obra

Novelas

  • As Cidadãs (1998). Cotovia. 224 páxs. ISBN 9789728423216. Ed. de 2010 en Sextante Editora.
  • Betânia (2000). Ed. de 2010 en Sextante Editora, 272 páxs., ISBN 978-9898093073. Unha historia que decorre do nacer ao solpor do día da morte de Oliveira Salazar, en xullo de 1970.
  • A Sopa (2004). Ed. Ambar. 196 páxs. ISBN 9789724307442. Os anos finais do século XX coa chegada a Portugal dos inmigrantes africanos e do leste europeo.
  • A Duração dos Crepúsculos (2006). Dom Quixote. 200 páxs. ISBN 9789722030601.
  • A Cova do Lagarto (2007). Ed. de 2010 en Sextante Editora, 272 páxs. ISBN 978-989-8093-07-3. É o retrato dunha época e dun home cuxa vida investigou ao longo de 20 anos: Duarte Pacheco, o mítico e misterioso ministro das Obras Públicas portuguesas.
  • Bute De aí Zé (2010). Sextante Editora. 256 páxs. ISBN 978-989-676-012-0.
  • O Eléctrico 16 (2013). Divina Comédia. 264 páxs. ISBN 978-989-8633-04-0.
  • Un Rastro de Alfazema (2015). Parsifal PT. 224 páxs. ISBN 9789898760173.
  • Avenida do Príncipe Perfecto (2017). Parsifal PT. 232 páxs. ISBN 9789898760432. Portugal, anos 80: entre o tráfico de armas para o Irán e un amor non autorizado.
  • Barcas Novas Levam Guerra (2020). Parsifal PT. 200 páxs. ISBN 9789898760722. Retrato das angustias dunha sociedade nos últimos días do Estado Novo.

Relatos

  • Historias Vindas a Conto (2011). Sextante Editora. 152 páxs. Colectánea de dez historias ilustrada con fotografías de André Beja. ISBN 978-972-0-07139-2
  • Franceses Marinheiros e Republicanos (2014). Divina Comédia. 230 páxs. ISBN 9789898633507. Conxunto de catro novelas curtas ilustrado pola artista plástica Maria José Ferreira
  • De Volta (aos contos) (2018). Parsifal PT. 152 páxs. ISBN 9789898760500.

Libros colectivos

  • Uma Terra Prometida. Contos Sobre Refugiados (2016). Filomena Marona Beja, Carlos Vale Ferraz, Cristina Carvalho, Sérgio Luís de Carvalho, José Fanha, Afonso Cruz, Nuno Camarneiro, Ana Margarida de Carvalho e Miguel Real. IN. ISBN 9789896487768.

Premios

  • 2006: Gran Premio de Literatura DST por A Sopa
  • 2007: Gran Premio de Novela e Novela APE/DGLB por A Cova do Lagarto

Notas

  1. "Filomena Marona Beja. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07. 
  2. "Filomena Marona Beja. Bertrand Livreiros - livraria Online". www.bertrand.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07. 
  3. "Filomena Marona Beja. O fascínio da História". ionline (en portugués). Consultado o 2020-04-07. 
  4. "Filomena Marona Beja apresenta “As Cidadãs” a 26 de Março em Lisboa". Porta-Livros (en portugués). 2009-03-22. Consultado o 2020-04-07. 
  5. "Eléctrico 16. Divina Comédia". web.archive.org. 2013-11-08. Consultado o 2020-04-07. 

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Filomena Marona Beja is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Filomena Marona Beja
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes