Filomena Marona Beja
Quick Facts
Biography
Filomena Marona Beja, nada en Lisboa o 9 de xuño de 1944, é unha escritora portuguesa.
Traxectoria
Alumna do Lycée Français Charles Lepierre e da Faculdade de Ciências da Universidade Clássica de Lisboa, onde se licenciou. Foi profesional da área da documentación técnico-científica ata 2008 na área de Arquitectura e Construcións Escolares, primeiro no Ministério das Obras Públicas, despois no Ministério da Educación. Neste terreo, desenvolveu estudos de rigorosa investigación, e é autora de varios traballos na área dos espazos escolares e outros equipamentos educativos.
Non foi ata o final dos anos 90 que comezou a súa carreira de narradora. Filomena Marona Beja estreouse na novela conAs Cidadãs (1998), libro que transporta o/a lector/a para a Lisboa do inicio do século XX e cuxa reedición, en 2009, coincidiu coas conmemoracións do centenario da implantación da República.
Obra
Novelas
- As Cidadãs (1998). Cotovia. 224 páxs. ISBN 9789728423216. Ed. de 2010 en Sextante Editora.
- Betânia (2000). Ed. de 2010 en Sextante Editora, 272 páxs., ISBN 978-9898093073. Unha historia que decorre do nacer ao solpor do día da morte de Oliveira Salazar, en xullo de 1970.
- A Sopa (2004). Ed. Ambar. 196 páxs. ISBN 9789724307442. Os anos finais do século XX coa chegada a Portugal dos inmigrantes africanos e do leste europeo.
- A Duração dos Crepúsculos (2006). Dom Quixote. 200 páxs. ISBN 9789722030601.
- A Cova do Lagarto (2007). Ed. de 2010 en Sextante Editora, 272 páxs. ISBN 978-989-8093-07-3. É o retrato dunha época e dun home cuxa vida investigou ao longo de 20 anos: Duarte Pacheco, o mítico e misterioso ministro das Obras Públicas portuguesas.
- Bute De aí Zé (2010). Sextante Editora. 256 páxs. ISBN 978-989-676-012-0.
- O Eléctrico 16 (2013). Divina Comédia. 264 páxs. ISBN 978-989-8633-04-0.
- Un Rastro de Alfazema (2015). Parsifal PT. 224 páxs. ISBN 9789898760173.
- Avenida do Príncipe Perfecto (2017). Parsifal PT. 232 páxs. ISBN 9789898760432. Portugal, anos 80: entre o tráfico de armas para o Irán e un amor non autorizado.
- Barcas Novas Levam Guerra (2020). Parsifal PT. 200 páxs. ISBN 9789898760722. Retrato das angustias dunha sociedade nos últimos días do Estado Novo.
Relatos
- Historias Vindas a Conto (2011). Sextante Editora. 152 páxs. Colectánea de dez historias ilustrada con fotografías de André Beja. ISBN 978-972-0-07139-2
- Franceses Marinheiros e Republicanos (2014). Divina Comédia. 230 páxs. ISBN 9789898633507. Conxunto de catro novelas curtas ilustrado pola artista plástica Maria José Ferreira
- De Volta (aos contos) (2018). Parsifal PT. 152 páxs. ISBN 9789898760500.
Libros colectivos
- Uma Terra Prometida. Contos Sobre Refugiados (2016). Filomena Marona Beja, Carlos Vale Ferraz, Cristina Carvalho, Sérgio Luís de Carvalho, José Fanha, Afonso Cruz, Nuno Camarneiro, Ana Margarida de Carvalho e Miguel Real. IN. ISBN 9789896487768.
Premios
- 2006: Gran Premio de Literatura DST por A Sopa
- 2007: Gran Premio de Novela e Novela APE/DGLB por A Cova do Lagarto
Notas
- ↑ "Filomena Marona Beja. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Filomena Marona Beja. Bertrand Livreiros - livraria Online". www.bertrand.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Filomena Marona Beja. O fascínio da História". ionline (en portugués). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Filomena Marona Beja apresenta “As Cidadãs” a 26 de Março em Lisboa". Porta-Livros (en portugués). 2009-03-22. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Eléctrico 16. Divina Comédia". web.archive.org. 2013-11-08. Consultado o 2020-04-07.