peoplepill id: fernando-quesada-porto
FQP
Spain
4 views today
4 views this week
Fernando Quesada Porto
Debuxante galego

Fernando Quesada Porto

The basics

Quick Facts

Intro
Debuxante galego
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Ourense, Ourense Province, Galicia, Spain
Place of death
Vigo, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Age
82 years
The details (from wikipedia)

Biography

Non confundir con Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED.
Non confundir con Fernando Quesada Sanz, catedrático de Arqueoloxía da UAM.

Fernando Quesada Porto, nado en Ourense o 27 de agosto de 1933 e finado en Vigo o 17 de xuño de 2016, foi un viñetista, pintor e funcionario galego, coñecido polo seu traballo para Faro de Vigo.

Traxectoria

Xogou domo dianteiro centro e extremo no Club Deportivo Ourense.

Autodidacta e membro dunha extensa familia de artistas (irmáns seus son: Carlos, Antonio e Xaime Quesada Porto e sobriños: María Fe Quesada Rodríguez e Xaime Quesada Blanco), traballou como caricaturista para varios medios, como Arriba (dirixido por Manuel Blanco Tobío), Pueblo, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Codorniz, Can sen dono, La Región ou La Opinión de Zamora, mais, principalmente, para Faro de Vigo, onde ingresou chamado por Xosé Díaz Jácome e estivo durante cincuenta anos, de 1961 a 2011, chegando a ser o decano dos humoristas gráficos galegos.

En 1960 casou con Ana Legido Otero (1939-2012), tamén pintora, coa que tivo seis fillos, dos que lles sobreviviron catro: María Teresa (1962, pintora), Beatriz (1963, xornalista), David (1970, empresario) e Alejandro (1975, tamén pintor).

Foi funcionario, inspector xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial de Pontevedra.

Varias editoriais galegas publicaron libros de recompilacións dos seus debuxos:

Chispas da roda I, 1972, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda II, 1973, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda III, 1974, colección "O Moucho", Castrelos.
Cousas da terra, 1975, La Región de Ourense.
Chispas da roda IV, 1976, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda V, 1979, colección "O Moucho", Castrelos.
Humor a rapañota, 1981, con prólogo de Mingote. Galaxia.
Xente a esgalla, 1981, con contracuberta de E. Alonso, Galaxia.
Xente de hoxe, 1985, Galaxia.
Xente para todo, 1987, Galaxia.
Quesadas, 1994, Ir Indo Edicións.
Chispas de Quesada, 2007, Edicións Xerais de Galicia.

Das súas obras pictóricas, figurativas e de tendencia expresionista, presentes en pinacotecas como o Museo Municipal Quiñones de León ou a Colección Afundación, destacan: Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998).

Recoñecementos

Entre outros, obtivo o premio Mingote do xornal ABC (1969), o Premio Humor Gráfico da Xunta de Galicia (dúas veces) e o premio da ONCE.

Notas

  1. Compendio de bibliografía dedicada a Fernando Quesada Porto
  2. Gran Enciclopedia Galega. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. «Fernando Quesada, el inolvidable humorista gráfico…» Faro de Vigo, 18/6/2016 (en castelán).
  4. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 469. ISBN 84-8064-113-4. 
  5. Biblioteca Nacional de España
  6. Imaxe da portada de Cousas da terra
  7. Chispas de Quesada en Dialnet.
  8. Fernando Quesada na Colección Afundación.
  9. Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. p. 242. ISBN 84-7680-288-9. 
  10. Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. 2010-2011. p. 143. 
  11. «Todos los premiados», xornal ABC

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Quesada Porto, Fernando". Diccionario enciclopédico galego universal 51. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 68. ISBN 84-7680-429-6. 
  • "Quesada Porto, Fernando". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1729. 
  • Laiglesia, Álvaro de (prólogo) (1970). Humor gráfico español del siglo XX" pp. 176–177, Biblioteca Básica Salvat.
  • Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 276–277. ISBN 84-7231-603-3. 
  • Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 185-186. ISBN 84-95364-15-8. 

Outros artigos

  • Luís Davila

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Fernando Quesada Porto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Fernando Quesada Porto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes