Félix Álvarez Arganzúa
Quick Facts
Biography
Félix Álvarez Arganzúa, nado na Coruña cara 1895, foi un militante anarcosindicalista galego.
Traxectoria
Fillo de Félix Álvarez Seijas. Emigrou a Arxentina sendo mozo e retornou á Coruña en 1915. Destacou como militante libertario nos anos da República como integrante do Sindicato de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita, do que foi directivo. Simpatizou co sector moderado da Confederación. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, estivo agochado ate 1938, cando foi detido ao tentar saír nunha das fugas organizadas por Despertear Marítimo. Saíu en liberdade en 1941, e en 1946 figuraba como secretario do comité da CRG na clandestinidade. Foi detido no verán de de 1946, pero conseguiu fuxir do cuartel da Garda Civil. Marchou a Noia onde o protexeu o capataz das minas de San Fins, Miguel Sangenís. Viviu en Madrid con nome suposto. En 1957 foi novamente detido, ao saír da prisión de Vigo en 1958 retornou á Coruña.