Eulalia Agrelo Costas
Quick Facts
Biography
María Eulalia Agrelo Costas, nada en Asados (Rianxo) o 26 de xaneiro de 1974, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria
Graduada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os anos 1998 e 2000 traballou no proxecto Informes de Literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades baixo a dirección de Blanca-Ana Roig, colaborando na actualidade neste e noutros proxectos do citado Centro, como é o de Dicionarios de Literatura, dirixido por Anxo Tarrío, e o de Narrativa Recuperada, dirixido por Modesto Hermida. Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Lecturas textuais e visuais (LITER 21) e membro da secretaría da Rede Temática de Investigación As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. A súa influencia na formación literaria e lectora (LIXMI). Participou en diversos congresos, encontros e xornadas sobre a literatura infantil e xuvenil galega e sobre a literatura galega en xeral, ademais de colaborar en diferentes volumes, catálogos, revistas e xornais. Por outra parte, foi docente na Universidade de Deusto (2003-2009) e, actualmente, é tamén profesora de lingua e literatura galega no ensino medio.
Obra
Edición
- Obra narrativa en galego, de Aurelio Ribalta, 2000, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Obras colectivas
- A aventura de oír, contar e ler, 2002, Consellería de Cultura.
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
- Narrativa e promoción da lectura no mundo das novas tecnoloxías, 2002, Consellería de Cultura.
- A nosa literatura infantil e xuvenil 2002, 2004, Galix/Xunta de Galicia.
- A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega, 2004, Xerais.
- Amador Montenegro Saavedra e a súa obra narrativa en galego, 2007, Centro Ramón Piñeiro.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha da autora na AELG