Enrique Hervada
Quick Facts
Biography
Enrique Hervada García-Sampedro, nado na Coruña en 1883 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1953, foi un médico galego.
Traxectoria
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e fixo a licenciatura (1905) e o doutoramento (1906) en Madrid. Foi profesor axudante da Facultade de Medicina de Santiago e ampliou estudios en París. En 1910 abriu consulta na Coruña. Médico moi coñecido, participou nunha sociedade asistencial, e traballou para que a xente sen recursos tivera asistencia. Atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza. Exerceu de profesor da Universidad Popular de La Coruña. Foi membro de varias sociedades científicas e presidente do Círculo de Artesáns. Colaborou en La Calle e publicou máis dun cento de traballos médicos.
Recoñecementos
- O Concello dedicoulle unha rúa no barrio de Catro Camiños e hai un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez que o lembra.