peoplepill id: eduardo-rodriguez-losada-rebellon
ERR
Spain
6 views today
6 views this week
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón

Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, nado na Coruña o 2 de marzo de 1886 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1973, foi un arquitecto e compositor galego. Losada constitúe o caso do compositor diletante, cuxo vínculo coa música é vocacional, xa que a súa profesión foi a de arquitecto.

Traxectoria

Tumba no cemiterio de Santo Amaro

Era fillo do coronel de artillería Camilo Rodríguez-Losada y Ozores, fundador das escolas populares gratuítas da Coruña, e de Felipa Rebellón y Vázquez.

Casou en Vilagarcía con María Trulock Bertorini o 15 de outubro de 1913, coa que tivo dez fillos. O 4 de marzo de 1914 foi nomeado arquitecto provincial da Coruña (inicialmente interino), con 3.000 pesetas de soldo. Tamén foi tesoureiro da Sociedade Filharmónica da Coruña, vogal do Orfeón El Eco e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. En 1918 deseñou un proxecto de "reforma e ensanche da vila" de Muxía. En 1928 foi nomeado presidente do EMDEN Foot-ball Club, daquela o segundo club de fútbol máis importante da Coruña. O 2 de maio de 1941 foi nomeado Académico de Número da Sección de Arquitectura da Real Academia de Nosa Señora do Rosario e máis tarde, o 28 de novembro de 1954, Académico de Honor.

As súas obras orixinais foron doadas polos seus fillos á Real Academia Nuestra Señora del Rosario da Coruña. Tamén se poden atopar copias na Fundación March, na Sociedade de Autores e na Propiedade Intelectual.

Obra musical

Dada a súa longa vida, o compositor mantivo un particular eclecticismo, que impregna toda a súa produción, na que destaca especialmente o gran formato orquestral, con partituras como El gnomo, cuxo título evoca o poema sinfónico Los gnomos de la Alhambra do Chapí máis alhambrista.

Son especialmente sobranceiras as súas catro sinfonías e o Concerto para piano e orquestra, aínda que se por algún xénero musical é especialmente lembrado ese é o operístico, no que empregou como base argumental lendas e feitos históricos de Galiza. Este é o caso da ópera O Mariscal, drama estreado no Teatro Tamberlick de Vigo en 1929, con texto dos escritores e políticos galegos Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas.

Óperas

  • El Monte de las ánimas (orixinal de G. A. Bécquer. Verso de Núñez de Cepeda; 1927). Estreada e dirixida polo autor o 6 de maio de 1927 no Teatro Rosalía de Castro, e representada no Teatro Principal de Santiago o 22 de maio.
  • O Mariscal (libro en galego de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte; 1929). Estreada e dirixida polo autor o 31 de maio de 1929 no Teatro Tamberlick de Vigo.
  • ¡Ultreya! (libro de Armando Cotarelo; 1935). Estreada o 12 de marzo de 1935 no Teatro de La Zarzuela de Madrid.
  • El Gran Teatro del mundo (libro de Calderón de la Barca). Existe un borrador para voz e piano. Sen estrear.

Poemas sinfónicos

  • El diablo mundo (ballet; coreográfico. Autógrafo)
  • El miserere (sobre textos de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo)
  • Los Caneiros (impresión sinfónica. Autógrafo; 1946). Interpretada o 17 de novembro de 1946 pola Orquesta Sinfónica de Bilbao dirixida por Jesús Arrámbarri no Teatro Buenos Aires de Bilbao.
  • El Gnogmo (sobre unha lenda de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo; 1925). Estreado o 8 de maio de 1925 pola Orquesta Sinfónica de Madrid, dirixida por Enrique Fernández Arbos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
  • La Santa Compaña (sobre libro de Rey de Viana; autógrafo; existe redución para piano e borrador.

Sinfonías

  • Sinfonía en Sol menor (autógrafo; existe unha transcrición para dous pianos en manuscrito)
  • Sinfonía en La menor (autógrafo, 1949). Estreada o 4 de decembro de 1949 pola Orquestra Municipal da Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago no Teatro Rosalía de Castro.
  • Sinfonía en Do menor (autógrafo).
  • Sinfonía en Re menor (autógrafo).
  • Concierto para piano y orquesta en Si bemol (autógrafo). Estreado o 29 de maio de 1955 pola Orquestra Sinfónica Municipal da Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago. Pianista Pilar Cruz. No Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Música de cámara

  • Colección de 9 cuartetos
  • Coleccion de 3 tríos; O nº 1 estreado o 26 de xaneiro de 1948 na Escola Naval da Coruña. Violín: Horacio Rodríguez Nache. Violoncello: José Béjar. Piano: Pilar C. Rodríguez Nache. Violoncello José Béjar e Piano Pilar Cruz.
  • Preludio en Sol mayor para dos violines y piano. Adicado á súa filla Carmen Losada-Trulock
  • 4 sonatas para piano

Gravacións (conservadas no arquivo sonoro de Radio Nacional de España)

  • Trío en Sol menor (2 de febreiro de 1971)
  • Trío en Re menor (3 de decembro de 1969; Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín e Carlos Baena Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín e Carlos Baena)
  • Trío en Do menor (11 de novembro de 1972; Intérpretes: Ana Mª Gorostiaga, Carlos Baena e Eduardo Hernández Asiaín.
  • Cuarteto en Do menor (13 de novembro de 1972)
  • Cuarteto en Sol menor (24 de abril de 1974; Intérpretes: Cuarteto clásico de RTVE)

    Obra arquitectónica

    Chalé Escudero, na Rúa de Ferrol (A Coruña).

    Rodríguez-Losada formou con Pedro Mariño e Leoncio Bescansa o grupo de arquitectos que desenvolveron o eclecticismo arquitectónico na cidade da Coruña. Formou parte ademais da sociedade que impulsou a construción da Cidade Xardín, na que proxectou a "Villa Felisa", na que viviu coa súa familia entre 1924 e 1939.

    Entre os moitos edificios que deseñou na cidade da Coruña destacan o chalé Escudero (1913), a casa Cortés (1918), a casa Escariz na praza de Pontevedra (1927) e o colexio notarial (1927-1932). En marzo de 1928 presentou un proxecto para a construción do novo Hospicio Provincial nos terreos da Granxa Experimental da Coruña e en abril de 1929 foi designado polo Concello da Coruña para realizar o "proxecto de execución das obras da praia e plataformas no balneario de Riazor".

    Fóra da cidade deseñou o edificio José Carrera en Corcubión (1924).

    Notas

    Véxase tamén

    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes