Dolores Leis
Quick Facts
Biography
Dolores Leis Antelo, chamada Dolores de Belo, nada en Figueiras (Coristanco) en 1964, é unha labrega galega que acadou relevancia internacional polo seu parecido físico con Donald Trump.
Feitos
Unha xornalista de La Voz de Galicia, Paula Vázquez, mentres facía unha reportaxe sobre o campo na comarca de Bergantiños, fíxolle unha foto a Dolores Leis e publicouna na súa conta de Instagram. Axiña a foto foi reenviada e comentada por outros usuarios da rede, que advertiron en Leis un intenso parecido físico co daquela presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. O contido viralizou e foi publicado por medios de prensa internacionais, como Newsweek, o Washington Post ou Clarín.
Vida persoal
Dolores Leis casou na década dos oitenta e vive desde aquela nos Martices (Cabana).
Notas
- ↑ "P a u l a on Instagram: “Dolores Leis, onte, en Nantón ✍️🌾🌱”". Instagram (en inglés). Consultado o 2018-04-26.
- ↑ "¿Tiene Donald Trump una prima lejana en Cabana de Bergantiños?". Novo (en castelán). 2018-04-24. Consultado o 2018-04-26.
- ↑ Parra | AP, Aritz (2018-04-25). "For Trump lookalike, crops mean more than social media fame". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2018-04-26.
- ↑ Clarin.com. "El parecido entre una agricultora gallega y Donald Trump arrasa en las redes" (en castelán). Consultado o 2018-04-26.