peoplepill id: david-t-alexander
DTA
United States of America
6 views today
6 views this week
David T. Alexander
American numismatist

David T. Alexander

The basics

Quick Facts

Intro
American numismatist
Work field
Gender
Male
Place of birth
Brooklyn, New York City, New York, USA
Age
84 years
Education
University of Miami
Coral Gables, Miami-Dade County, USA
University of California, Los Angeles
Los Angeles, Los Angeles County, USA
The details (from wikipedia)

Biography

David Thomason Alexander, nado en Brooklyn, Nova York, o 1 de xuño de 1940, é un autor e editor numismático estadounidense.

Traxectoria

David T. Alexander e o seu irmán John comezaron a coleccionar moedas na súa infancia, en 1949, cando a súa familia se trasladou a Florida desde Nova York. Alí, ambos afiliáronse ao Miami Coin Club en 1953 e a Florida United Numismatists en 1955.

David cursou os seus estudos superiores na Universidade de Miami en Coral Gables (Florida), onde se graduou en 1961 e acadou o mestrado en 1962. Posteriormente realizou estudos de posgrao na Universidade de California nos Ánxeles, entre 1962 e 1963.

Inmediatamente despois da súa graduación foi nomeado director do Museo Histórico do Sur de Florida, cargo que ocupou de 1963 a 1974.

A súa carreira como autor numismático comezou en 1963, escribindo para as publicacións da Society for International Numismatics, e a súa relación co mundo da edición numismática comezou en 1974, cando ingresou na revista Coin World como redactor e editor internacional, posto que mantivo ata 1981.

Desde 1975 exerceu tamén como editor executivo de Numismatic Scrapbook. En 1981 ingresou na división editorial de Johnson & Jensen e tamén foi nomeado editor de The Shekel. En 1983 foi contratado por Kagin's, e en 1984 fundou e dirixiu Alexander Numismatic Services.

En 1990 incorporouse ao cadro da compañía de poxas numismáticas Stack's como catalogador.

No ámbito asociativo, Alexander é membro da American Numismatic Societry (ANS) e da American Numismatic Association (ANA), entidade esta da que foi nomeado historiador en 1998 e en cuxo xornal, The Numismatist, foi un colaborador habitual. Tamén foi membro fundador de Medal Collectors of America en 1998, e entre agosto de 1982 e agosto de 1990 foi o director executivo do Gremio Literario Numismático dos estados Unidos, ao que pertence desde 1975. Entre 2005 e 2006 presidiu o Club Numismático de Nova York.

En 2012, Alexander vinculouse como experto numismático á compañía de poxas numismáticas Heritage Auctions.

Ao longo da súa carreira colaborou con diversas publicacións periódicas do ámbito numismático, como COINage, First Strike, FUN Topics, Numismatic News ou PNG Report, e mantivo unha columna en Coin World titulada The Research Desk.

Vida familiar

David T. Alexander casou con Debra Lee Price, quen faleceu en 1974. O 3 de decembro de 1977 casou en segundas nupcias con Patricia Ann LaBranche; ambos tiveron dous fillos adoptados.

Recoñecementos

  • 1987: Premio Clemy, Numismatic Literary Guild (NLG).
  • 1990: Medalla de prata da Society for International Numismatics.
  • 1999: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA).
  • 2000: Medalla ao Mérito da ANA.
  • 2010: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o Numismatic Literary Guild (NLG).
  • 2013: Numismático do Ano, pola ANA.
  • 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World.
  • 2021: Medalla á Traxectoria, da ANA.

Publicacións

Estas son algunhas das monografías máis salientables das publicadas por David T. Alexander ao longo da súa carreira.

  • 1990. Coin World Comprehensive Catalog and Encyclopedia of United States Coins. World Almanac Books. ISBN 9780886874834
  • 2006. Old Magazines. Identification & Value Guide. Collector Books. ISBN 9781574325010
  • 2009. An Island of Civility. The Centennial History of the New York Numismatic Club. 1908/09 - 2008/09. New York Numismatic Club. ISBN 9780615329628
  • 2010. American Art Medals, 1909-1995.The Circle of Friends of the Medallion and the Society of Medalists. American Numismatic Society. ISBN 9780897223171
  • 2019. Medals of the Hall of Fame for Great Americans at New York University. ISBN 9781078122108
  • 2020. A Napoleonic medal primer. ISBN 9798359099264

Notas

  1. Homren, W. (2010).
  2. "David T. Alexander joins Heritage Auctions New York office as senior numismatist", En Coins Weekly. 3 de maio de 2012.
  3. Smith, P. (2012). Páxina 8.
  4. "David Thomason Alexander". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 8.
  5. Smith, P. (2012). Páxina 9.
  6. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  7. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  8. "David Alexander receives the Burnett Anderson Memorial Award". En The E-Sylum. 8 de agosto de 2010.

Véxase tamén

Bibliografía

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
David T. Alexander is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
David T. Alexander
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes