Daniel Salgado
Quick Facts
Biography
Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias da Comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. É director de Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.
Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Premio Francisco Añón de Poesía co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía en 2004 por Días no imperio.
Forma parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais.
Obra
Poesía
- Sucede, 2004, Espiral Maior.
- Días no imperio, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Éxodo, 2006, Xerais.
- Os poemas de como se rompe todo, 2007, Sotelo Blanco.
- Ruído de fondo, 2012, Xerais.
- Dos tempos sombrizos, 2013, Xerais.
- Ensaios, 2015, Inés de Castro Edicións.
Traducións
- Ouveo, de Allen Ginsberg, 2007, Positivas.
- Poesía última de amor y enfermedad, de Lois Pereiro, 2012, Libros del Silencio, Barcelona.
Obras colectivas
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, 2013, 2.0 editora. Con Manuel Darriba.
- Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
- A guerra, 2013, Barbantesa. Con María do Cebreiro.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
Premios
- Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2002, por Sucede.
- Premio Esquío de poesía no 2004, por Días no imperio.
- Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2013, por Os tempos sombrizos (diario).
Vida persoal
É fillo de Fernando Salgado, ex conselleiro da Xunta de Galicia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en As escollas electivas
- Video do autor recitando no Festival de Poesía de Salvaterra do Miño.
- Entrevista logo de gañar o Premio Esquío.