peoplepill id: daniel-salgado
DS
Spain
1 views today
1 views this week
Daniel Salgado
صحفي إسباني

Daniel Salgado

The basics

Quick Facts

Intro
صحفي إسباني
A.K.A.
Dani Salgado
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Monterroso
Age
43 years
The details (from wikipedia)

Biography

Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias da Comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. É director de Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.

Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Premio Francisco Añón de Poesía co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía en 2004 por Días no imperio.

Das Kapital.

Forma parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais.

Obra

Poesía

  • Sucede, 2004, Espiral Maior.
  • Días no imperio, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • Éxodo, 2006, Xerais.
  • Os poemas de como se rompe todo, 2007, Sotelo Blanco.
  • Ruído de fondo, 2012, Xerais.
  • Dos tempos sombrizos, 2013, Xerais.
  • Ensaios, 2015, Inés de Castro Edicións.

Traducións

  • Ouveo, de Allen Ginsberg, 2007, Positivas.
  • Poesía última de amor y enfermedad, de Lois Pereiro, 2012, Libros del Silencio, Barcelona.

Obras colectivas

  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, 2013, 2.0 editora. Con Manuel Darriba.
  • Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
  • A guerra, 2013, Barbantesa. Con María do Cebreiro.
  • Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.

Premios

  • Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2002, por Sucede.
  • Premio Esquío de poesía no 2004, por Días no imperio.
  • Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2013, por Os tempos sombrizos (diario).

Vida persoal

É fillo de Fernando Salgado, ex conselleiro da Xunta de Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Daniel Salgado is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Daniel Salgado
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes